Unha das accións de comunicación máis difundidas sobre o modelo urbano é o Metrominuto, o mapa de distancias e tempos entre 28 puntos da cidade, que ten como finalidade desdramatizar o feito de camiñar. O mapa foi difundido pola Rede de Cidades que Camiñan e pola organización europea Intermodes, de xeito que moitas cidades crearon o seu propio Metrominuto sobre a base do modelo pontevedrés. Na actualidade está desenvolvéndose una aplicación para teléfonos móbiles.