Moverse pola cidade

Visit Pontevedra

Para os habitantes de Pontevedra vivir nunha cidade sen coches é unha realidade. Máis do 70% dos desprazamentos urbanos fanse a pé ou en bicicleta e só tres de cada dez persoas que se moven pola cidade fano en coche. Pontevedra é unha cidade para paseala, para explorar todos os seus recunchos e perderse polas súas rúas e prazas. Aparca o coche e camiña!

 

Camiña

Pontevedra é a cidade idónea para camiñar, pola súa dimensión e polo seu modelo urbano, tan atento á mobilidade sen motor. Ademais, os principais itinerarios urbanos son completamente peonís ou dispoñen de amplas beirarrúas.

En bici

Case toda a cidade de Pontevedra é un espazo seguro para as bicis. Os programas de peonalización, calmado do tráfico e coexistencia de tránsitos rodados e peonís fan que a cidade sexa un escenario idóneo para este medio de transporte.

En coche

Desde que Pontevedra adoptou o feito de camiñar como mellor fórmula para desprazarse, as persoas están antes que os automóbiles. Segue habendo coches, por suposto, pero só os necesarios. Se vives fóra e vés en coche, aparca e camiña!

Visit-Pontevedra - Concello de Pontevedra Turismo de Pontevedra S. A.
CASA DA LUZ
Praza da Verdura s/n
36002 - Pontevedra
+34 986 090 890
Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
  
Top

© 2017 Turismo de Pontevedra. Concello de Pontevedra.
Todos os dereitos reservados