En autocaravana ou camper

Visit Pontevedra

Pontevedra dispón dunha área de estacionamento de autocaravanas e campers nos terreos de Tafisa (na rúa de José Malvar Figueroa). Trátase dunha superficie perfectamente iluminada e sinalizada con capacidade para vinte autocaravanas e dúas plataformas para coller e eliminar augas. Segundo os usuarios, é a única destas características que existe en Galicia: pola súa capacidade, instalacións e proximidade do centro urbano.

Normas de uso da área: 

  • Só poden estacionar autocaravanas ou vehículos homologados como vehículos-vivenda. Quedan excluídos caravanas, furgonetas, camións, turismos ou motocicletas.
  •  É un servizo gratuíto.
  •  Tempo máximo de estacionamento: 72 horas seguidas, por período de 30 días.
  •  Os vehículos deben respectar as delimitacións do espazo destinado a cada praza.
  •  Dispoñen dun servizo gratuíto destinado á evacuación de augas grises e negras producidas nas autocaravanas, e toma de auga potable.
  •  Zona de baleirado de depósitos:

- Non se pode estacionar.

- Debe permanecer libre de obstáculos e a disposición dos usuarios mentres non estea sendo utilizada.

- Os usuarios ou usuarias son responsables de manter as óptimas condicións hixiénicas despois do uso.

  • Aparcadoiros e zona de servizos deberán quedar limpas despois do seu uso.
  •  Prohíbese expresamente o lavado de calquera tipo de vehículos.
  • Quen utilice este servizo acatará calquera indicación municipal para o coidado e preservación da zona, e para o respecto e boa veciñanza.
  •  Queda prohibida a instalación de aveños de acampada, tales como mesas, cadeiras, tendas ou toldos.
  •  Non está permitido ter animais de xeito temporal ou permanente no recinto. Os animais considerados de compañía terán que permanecer no interior dos vehículos, e so poderán utilizar o recinto nos desprazamentos de entrada e saída do mesmo, observando as condicións da normativa aplicable a cada caso.
  •   Os usuarios non poderán emitir ruídosmolestos que superen os 65 db como norma xeral. No horario comprendido entre as 22 e as 8 horas, non se poderán superar os 55 db nen poñer en marcha xeradores de electricidade.
  •  Esta área de estacionamento de autocaravanas non é unha área vixiada, polo que o Concello de Pontevedra non se fai responsábel de incidentes, roubos ou similares que se podan producir.
Visit-Pontevedra - Concello de Pontevedra Turismo de Pontevedra S. A.
CASA DA LUZ
Praza da Verdura s/n
36002 - Pontevedra
+34 986 090 890
Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
  
Top

© 2017 Turismo de Pontevedra. Concello de Pontevedra.
Todos os dereitos reservados