“O Camiño Contado” é unha proposta para revalorizar o Camino Portugués o seu paso polo município de Pontevedra e recuperar aqueles elementos patrimoniais e contidos culturais desaproveitados ou esquecidos O Camiño Contado baséase pois non só na documentación tradicional de bens patrimoniais, senón tamén, e sobre todo, na metodoloxía da antropoloxía visual e do traballo etnográfico, mediante unha serie de entrevistas desenvolvidas polo equipo de O proxecto que permitirá incrementar a oferta de turismo cultural de Pontevedra, estendéndoa ás parroquias do concello polas que pasa o Camiño ou que son susceptibles de conectarse a el a través de itinerarios alternativos: unha ruta duns 20 quilómetros cunha duración estimada de 5 horas a pé que atravesa Ponte Sampaio, A Canicouva, Vilaboa (Figueirido e Bértola), Tomeza, Salcedo, Marcón, Pontevedra cidade, Lérez, Alba e Cerponzóns.
É un plan de posta en valor e sinalización dos elementos máis senlleiros, dándolle voz á cidadanía pontevedresa para amosar o seu patrimonio cara ao exterior dende as súas perspectivas, ideas e vivencias persoais “a través dunha peza audiovisual na que un veciño ou veciña do lugar nos dará a coñecelo mentres se amosan imaxes aéreas e terrestres”.
Entre os elementos patrimoniais máis significativos que se poden atopar no treito do Camiño Portugués que discorre por Pontevedra e que a día de hoxe non contan coa promoción ou divulgación suficientes como para convertelos en valores engadidos do itinerario xacobeo, destacamos a Ponte de Ponte Sampaio; a Brea Vella, a Cama do Santo (sartego curativo), o Outeiro das Forcadas (onde se atopan os restos do que puido ser un lugar onde se impartía xustiza entre os séculos XIV e XVIII), a igrexa parroquial de Santo Estevo e o castro do Monte do Castro, en A Canicouva; o Pazo de Gandarón e o cruceiro do Pazo, na parroquia de Salcedo; o roteiro que transcorre polas beiras do río Tomeza e a Poza da Moura (en As Brañas), o Mar da Presa e o muíño de Cabanas, así como a Ponte do Couto.