skip to Main Content

A cidade que aposta polo deporte

Os eventos deportivos se convertéronse nos últimos anos nun dos grandes motores económicos para a cidade de Pontevedra. Dende o 2008 se apostouse por unha estratexia de promoción do deporte cun calendario deportivo anual de alto nivel. Dende o concello organízanse máis de 60 eventos, dos que unha quincena teñen carácter nacional e internacional. Esta programación deportiva pode chegar a traer á cidade en torno a 50.000 visitantes entre deportistas e adestradores, árbitros e federativos, e acompañantes e afeccionados en xeral, feito pouco habitual nunha cidade do tamaño de Pontevedra.

Consulta aquí máis información sobre instalacións e eventos deportivos

As competicións abarcan tódolos niveis e categorías e moi variadas modalidades: natación, taekwondo, ximnasia rítmica, xadrez, tenis de mesa, e por suposto tríatlon e piragüismo, estas últimas moi destacadas. Se hai algunha cidade con experiencia na celebración de tríatlons é Pontevedra.

O deporte galego ten a cidade e concretamente no Centro Galego de Tecnificación Deportiva (CGTD) a instalación de referencia da súa excelencia competitiva. Un moderno complexo deportivo no que se formaron e se forman os mellores deportistas e promesas do deporte galego. a situación xeográfica da cidade permite a práctica de numerosas actividades deportivas e de ocio relacionadas co río e a ría. Unha estampa moi habitual na cidade son as piraguas polo Lérez e os ciclistas e corredores polas marxes do río.

Running Deporte

Pontevedra running

Os amantes do running atopan en Pontevedra o lugar ideal para realizar os seus percorridos. Se es un afeccionado a este deporte atoparás cinco rutas deseñadas a través de ‘Pontevedra Running’, unha iniciativa do Concello. as cinco rutas deseñadas por este programa atópanse na Illa do Covo o Illa das Esculturas (4.624 metros), na Xunqueira da Gándara (4.308 metros), Senda do Lérez (11.668 metros), Beiramar (6.861 metros) e a Senda dos Gafos (11.744 metros).

Descargar folleto
Ciclismo

Citas deportivas máis destacadas

As citas deportivas son unha alternativa ideal para gozar do deporte e descubrir novas cidades a través del. Unha oportunidade única de coñecer a fermosura e o encanto da cidade e os seus arredores dun xeito diferente. A continuación, podes consultar unha selección das citas e eventos deportivos máis representativos e consolidados no calendario deportivo anual.

San Silvestre

Cada 31 de decembro celébrase na cidade a San Silvestre, unha carreira que ofrece dúas modalidades para que os corredores poidan elixir entre 5 ou 10 quilómetros. Moitos dos participantes do evento van ataviados con elementos propios da época do Nadal, coma gorros de Papá Noel, e todo tipo de atavíos, pois non hai límites para a creatividade en este evento.

Medio Maratón de Pontevedra

Durante a segunda quincena de outubro cada ano celébrase o Medio Maratón de Pontevedra. Unha carreira pedestre organizada anualmente na cidade de Pontevedra que fai un percorrido polo seu famoso centro Histórico e outras zonas da cidade.

Trofeo Princesa de Asturias de Piragüismo

Un clásico do verán pontevedrés dende hai 42 anos, celebrado no mes de agosto, é o Trofeo Princesa de Asturias de Piragüismo. A competición masculina comeza en Portonovo e a feminina en Combarro finalizando todos na ponte dos tirantes de Pontevedra. Na competición participan clubs de toda Galicia, outras comunidades e Portugal.

Piraguismo

Instalacións deportivas na cidade e na contorna

A cidade de Pontevedra ofrece unha gran variedade de opcións para levar a cabo a práctica de múltiples deportes. Se estás de visita na cidade e desexas seguir a practicar o teu deporte favorito propoñémoste a continuación unha guía coas principais instalacións deportivas da cidade.

Centro Deportivo Pontillon

Centro deportivo Pontillón

Back To Top
×Close search
Search
Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos.    Más información
Privacidad