• Natureza

Natureza

Visit Pontevedra

Serras, montañas, vales, bosques, ríos, lagos, arroios, leitos fluviais, zonas húmidas… Son múltiples e diversas as paisaxes que debuxa Pontevedra, cun matiz diferente en función da estación e da época do ano. E que mellor forma de coñecer estes espazos naturais que mediante as súas rutas e sendas? Con amigos, en familia, en parella ou en solitario propoñémosche unha serie de itinerarios para reconectar coa natureza e vivir unha experiencia única. Non esquezas os prismáticos e a cámara de fotos!

Sendas do Lérez

Este traxecto percorre o tramo baixo do río Lérez, así como distintos medios forestais autóctonos de gran fermosura.

Illa do Covo

Situada nun enclave de gran valor natural e paisaxístico, alberga na súa superficie a Illa das Esculturas, un proxecto artístico pioneiro en España.

ENIL Xunqueira de Alba

O primeiro Espazo Natural de Interese Local (ENIL) de toda Galicia dispón de múltiples sendeiros e pasarelas peonís que convidan á observación, entre os que destaca un miradoiro ornitolóxico.

Parque lineal do río dos Gafos

Trátase dun paseo lineal que discorre ao longo da maior parte do treito urbano do río dos Gafos. Natureza e cidade poden ser gozadas xuntas.

Senda fluvial do río dos Gafos

Trátase dun paseo lineal que percorre as beiras do río dos Gafos, atravesando numerosas pontes, brañas, fragas e soutos.

Pontillón do Castro

Os diferentes paseos polo Parque Forestal do Pontillón do Castro chegan ata o embalse, o encoro ou ascenden ao monte do Castro nun área de bosque autóctono recuperado polo Plan Monte Vivo.

Ruta da Camelia nas Rías Baixas

Enmarcados na Ruta da Camelia, a provincia de Pontevedra acolle xardíns convertidos en auténticos paraísos botánicos. Aquí atoparás a viaxe que propón a Deputación Provincial de Pontevedra: a Ruta da Camelia nas Rías Baixas. 

Visit-Pontevedra - Concello de Pontevedra Turismo de Pontevedra S. A.
CASA DA LUZ
Praza da Verdura s/n
36002 - Pontevedra
+34 986 090 890
Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
  
Top

© 2017 Turismo de Pontevedra. Concello de Pontevedra.
Todos os dereitos reservados