Mantemento da Páxina web



Resolución do Conselleiro Delegado do Consello de Administración de Turismo de Pontevedra, SA no Procedemento Negociado sen Publicidade para a Adxudicación do Contrato de Servizo de "Mantemento da Páxina web"

O 25 de novembro de 2010 formulouse polo Concelleiro delegado do Consello de Administración de Turismo de Pontevedra, o prego de condicións que rexe por parte de Turismo de Pontevedra, SA a adxudicación mediante rocedemento negociado sen publicidade do contrato de servizos de "MANTEMENTO DA PÁXINA WEB."

Posteriormente procedeuse á apertura do procedemento de contratación mediante a invitación a tres empresas suficientemente capacitadas para a realización do obxecto do contrato:

PÓRTICO DE COMUNICACIONES, S.L.
KNM Management Systems S.L
BONAVAL MULTIMEDIA S.L.

Transcorrido o prazo sinalado as empresas PORTICO DE COMUNICACIONES, SL e BONAVAL MULTIMEDIA, SL achegaron as súas ofertas, presentando a súa renuncia a participar a empresa KNM Management System, SL

Examinada a documentación administrativa contida nos sobres A das ofertas achegadas admítense as dúas para participar no procedemento, e procedese a apertura dos sobres B. O contido da oferta presentada é o seguinte:

PÓRTICO DE COMUNICACIONES, SL
Oferta económica: 12000,00€+2160,00 € de IVE (14160,00€ IVE INCLUIDO)
Menor prazo de inclusión de contidos na páxina web: 72 HORAS

BONAVAL MULTIMEDIA, SL
Oferta económica: 11900,00 € IVE INCLUIDO)
Menor prazo de inclusión de contidos na páxina web: 3 HORAS

De conformidade co establecido no artigo 3, en relación co anexo I, do prego de condicións que rexe esta contratación, o orzamento base de licitación anual do contrato é de 12000,01€ (IVE incluído), polo que a oferta presentada por PORTICO DE COMUNICACIÓNS, SL non pode ser aceptada ao superar este importe e polo tanto queda excluída do procedemento de licitación.

De conformidade co establecido no artigo 12 do prego de condicións procedese a efectuar a valoración da oferta presentada por BONAVAL MULTIMEDIA, SL, sendo o resultado obtido polo licitador o seguinte:

 
BONAVAL MULTIMEDIA, SL
1.- OFERTA ECONÓMICA: de 0 a 40 puntos 40
40
2.- MENOR PRAZO DE INCLUSIÓN DE CONTIDOS NA PÁXINA WEB: de 0 a 20 puntos.
20
PUNTUACIÓN TOTAL
60


A vista do exposto deberase adxudicar o contrato de servizo de mantemento da páxina web a empresa BONAVAL MULTIMEDIA, SL ao resultar a oferta economicamente mais vantaxosa.

Mediante resolución de 10 de xaneiro de 2010 o conselleiro delegado do Consello de administración de TURISMO DE PONTEVEDRA, SA, de conformidade coas competencias que ten delegadas, declarou válido o acto de licitación realizado, inadmitiu a oferta presentada pola empresa PÓRTICO DE COMUNICACIONES, SL, ao resultar superior o prezo ofertado ao orzamento base de licitación. e requiriu a empresa BONAVAL MULTIMEDIA, SL, que presentou a oferta economicamente mais vantaxosa, para que no prazo de 10 días hábiles, a contar dende o seguinte a aquel en que reciba o requirimento, achegue a documentación acreditativa de estar ao corrente no cumprimento das obrigas tributarias e coa Seguridade social de conformidade co establecido no artigo 135 da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de contratos do sector público, e 16 do prego de condicións que rexe a adxudicación mediante procedemento negociado sen publicidade do contrato de servizo de "MANTEMENTO DA PÁXINA WEB". Así mesmo advertiu a empresa requirida que, de conformidade co artigo 18 do prego que rexe este contrato que, de non cumprimentarse adecuadamente o requirimento no prazo sinalado, entenderase que retirou a súa oferta.

Dentro do prazo sinalado a empresa BONAVAL MULTIMEDIAL, SL achegou a documentación requirida, acreditativa de estar ao corrente no cumprimento das obrigas tributarias e coa Seguridade social.

De conformidade co establecido nos Estatutos da Sociedade mercantil TURISMO DE PONTEVEDRA, SA son competencia do Consello de Administración as máis amplas facultades para todo o referente á representación da Sociedade, a administración e a xestión da mesma, así como a disposición do seu patrimonio, correspondéndolle todas as facultades non atribuídas pola lexislación vixente ou en virtude destes estatutos á outros órganos de goberno.

En sesión celebrada o 11 de novembro de 2009, o Consello de Administración da sociedade, de conformidade co previsto no artigo 21 dos Estatutos da sociedade, e coa finalidade de dotar a este dunha maior axilidade, operatividade e eficacia no exercicio das súas funcións designou Conselleiro Delegado, a Don Julio Castela Martínez, delegando nel todas as facultades do Consello de Administración, agás as indelegables e de conformidade co artigo 21 dos Estatutos polos que se rexe a Sociedade.

A vista do exposto RESOLVO:

PRIMEIRO.- Declarar válido o acto de licitación realizado.

SEGUNDO.- Non admitir a oferta presentada pola empresa PÓRTICO DE COMUNICACIONES, SL, ao resultar superior o prezo ofertado ao orzamento base de licitación.

TERCEIRO.- Adxudicar á empresa BONAVAL MULTIMEDIA, SL, que presentou a oferta economicamente mais vantaxosa, o contrato de servizos de "MANTEMENTO DA PÁXINA WEB", co NIF B36837706 no prezo de 11900,00€ (IVE incluído) con estrita suxeición aos pregos de condicións que acepta integramente.

CUARTO.- Requirir a adxudicataria definitiva para que proceda no prazo de cinco días hábiles a contar a partir do día seguinte a notificación da presente resolución á formalización do contrato.

QUINTO.- Dar traslado do presente acordo á adxudicataria e demais licitadores.

O que lle traslado para o seu coñecemento e oportunos efectos.
Pontevedra, 20 de xaneiro de 2011.
O Conselleiro delegado de Turismo de Pontevedra, SA

Julio Castela Martínez

01/02/2011