Resolución do Contrato de Subministro de "Material de Oficina"



Resolución do Conselleiro Delegado do Consello de Administración de Turismo de Pontevedra, SA no Procedemento Negociado sen Publicidade pola que se Adxudica o Contrato de Subministro de "Material de Oficina"

O 25 de novembro de 2010 formulouse polo Concelleiro delegado do Consello de Administración de Turismo de Pontevedra, o prego de condicións que rexe por parte de Turismo de Pontevedra, SA a adxudicación mediante procedemento negociado sen publicidade do contrato de subministro de "material de oficina."

Posteriormente procedeuse á apertura do procedemento de contratación mediante a invitación a tres empresas suficientemente capacitadas para a realización do obxecto do contrato:

José Manuel Martínez Martínez (OFIREYCO)
María Luisa Costas Abeledo (MONTES PAPELERIA TECNICA)
PAPERCOR, SL

Trancorrido o prazo sinalado as empresas invitadas achegan a súa oferta, a excepción do empresario don José Manuel Martínez Martínez que non achega ningunha oferta.
Examinada a documentación administrativa contida no sobre A, admítese aos dous licitadores para participar no procedemento.

Admitidos ambos licitadores procédese á apertura do sobre B, sendo as ofertas achegadas as seguintes:

A empresaria María Luisa Costas Abeledo, achega a relación de produtos a subministrar sinalados no prego de forma valorada, cunha totalización do prezo por unidade que ascende a 639,47 € (sen IVE). Así mesmo comprometese a entregar os bens a subministrar dende que son solicitados nun prazo máximo de 24 horas.

A empresa PAPERCOR, SL, achega a relación de produtos a subministrar sinalados no prego de forma valorada, que totalizados por prezo da unidade ascende a 669,54 € (sen IVE). Así mesmo comprométese a entregar os bens a subministrar dende que son solicitados nun prazo máximo de 6 horas.

De conformidade co establecido no artigo 12 do prego de condicións procedese a efectuar a valoración das ofertas presentadas sendo o resultado obtido por cada un dos licitadores a seguinte:

  MARIA LUISA COSTAS ABELEDO PAPERCOR, SL
1.- OFERTA ECONÓMICA: de 0 a 40 puntos 40 38,20
2.- MENOR PRAZO DE ENTREGA DOS BENS A SUBMINISTRAR: de 0 a 30 puntos 24 30
PUNTUACIÓN TOTAL 64 68,20


A vista das puntuacións acadadas por cada licitador deberase adxudicar o contrato de subministro de material de oficina á empresa PAPERCOR, SL ao resultar a oferta economicamente mais vantaxosa.

Mediante resolución de 28 de decembro de 2010 o conselleiro delegado do Consello de administración de TURISMO DE PONTEVEDRA, SA, de conformidade coas competencias que ten delegadas, declarou válido o acto de licitación realizado e requiriu á empresa PAPERCOR, SL, que presentou a oferta economicamente mais vantaxosa, para que no prazo de 10 días hábiles, a contar dende o seguinte a aquel en que reciba este requirimento, achegara a documentación acreditativa de estar ao corrente no cumprimento das obrigas tributarias e coa Seguridade social de conformidade co establecido no artigo 135 da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de contratos do sector público, e 16 do prego de condicións que rexe a adxudicación mediante procedemento negociado sen publicidade do contrato de subministro de "material de oficina". Así mesmo advertiu a empresa requirida que, de conformidade co artigo 18 do prego que rexe este contrato que, de non cumprimentarse adecuadamente o requirimento no prazo sinalado, entenderase que retirou a súa oferta.

Dentro do prazo sinalado a empresa PAPERCOR, SL achegou a documentación requirida, acreditativa de estar ao corrente no cumprimento das obrigas tributarias e coa Seguridade social.

De conformidade co establecido nos Estatutos da Sociedade mercantil TURISMO DE PONTEVEDRA, SA son competencia do Consello de Administración as máis amplas facultades para todo o referente á representación da Sociedade, a administración e a xestión da mesma, así como a disposición do seu patrimonio, correspondéndolle todas as facultades non atribuídas pola lexislación vixente ou en virtude destes estatutos á outros órganos de goberno.

En sesión celebrada o 11 de novembro de 2009, o Consello de Administración da sociedade, de conformidade co previsto no artigo 21 dos Estatutos da sociedade, e coa finalidade de dotar a este dunha maior axilidade, operatividade e eficacia no exercicio das súas funcións designou Conselleiro Delegado, a Don Julio Castela Martínez, delegando nel todas as facultades do Consello de Administración, agás as indelegables e de conformidade co artigo 21 dos Estatutos polos que se rexe a Sociedade.

A vista do exposto RESOLVO:

PRIMEIRO.- Adxudicar á empresa PAPERCOR, SL co NIF núm. B36457588 o contrato de subministro de "Material de oficina" nos prezos unitarios que se achegan como oferta económica que se insiren a continuación, comprometéndose a entregar os bens a subministrar desde que lle foran solicitados nun prazo máximo de 6 horas, con estrita suxeición aos pregos de condicións que acepta integramente:

BENS OU PRODUCTOS A SUBMINISTRAR prezo ud sen ive
CLIPS 32MM COLORES SURTIDO CAJA 100U 0,3
CLIPS Nº3 PLATEADOS CAJA 100U 0,42
CLIPS MARIPOSA 60MM CAJA 0,85
GRAPAS 24/6-22/6 CAJA 1000 UNIDADES 0,25
GRAPAS RAPID 26/6 1000 UNIDADES 0,5
GRAPADORA SOBREMESA 3,52
CUTTER MOD TH120 0,42
CUTTER MOD TH 130 0,68
RECAMBIO CUTTER T 10 UNIDADES MOD TH120 1,4
RECAMBIO CUTTER MOD TH130 10 UNIDADES 1,5
EXTRAEGRAPAS 0,6
TALADRO SOBREMESA 2 AGUJEROS 25-30 HOJAS 3,95
SELLO 4911 13
SELLO 4912 14
SELLO 4913 16
NOTAS 51X51 MINICUBO BRILLANTE 0,97
NOTAS I 75X75 FLUOR 1,66
RECAMBIO AGENDA 2011 3002 8,98
AGENDA OPEN TROYA 1000 PACK FUNDA NEGRO 32,5
ARCHIVADOR PLACA COLORES SURTIDOS 1,8
CARPETAS 20 FUNDAS LOMO PERSONALIZABLE 1,7
CARPETAS 30 FUNDAS LOMO PERSOBALIZABLE 2,4
PORTAFIRMAS 14
CARPETA CLASIFICADORA 3,6
SUBCARPETA CARTULINA DIN A-4 0,1
FUNDA MULTITALADRO CAJA 100 UNIDADES 3,95
MODULO 3 CAJONES 305*215*370 28,01
PAPELERA METÁLICA REJILLA 4,5
CUBILETE FAIBO PLÁSTICO ROJO 0,65
SOBRES TIRA DE SILICONA 110X220 CAJA 500 UNI. 9,68
SOBRE 120X176 TIRA DE SILICONA CAJA 500 UNIDADES 9
SOBRE 114X162 TIRA DE SILICONA CAJA 500 UNIDADES 13,4
PAPEL A4 80 GR PAQ 500 HOJAS 2,5
PAPEL TÉRMICO 57*47 0,48
PAPEL TÉRMICO 80X60 0,95
TONER TN-2120 53,35
CAJA DE EMBALAJE 300X200X150MM. 0,4
BOLIGRAFO TINTA GEL PILOT G-2 O SIMILAR 0,5
BOLIGRAFO TINTA LIQUIDA PILOT SUPERGRIP O SIMILAR 0,45
BOLIGRAFO BIC CRISTAL O SIMILAR 0,1
CINTA CORRECTORA 8MX5MM 0,7
GOMA MIGA DE PAN CUADRADA COLOR SURTIDOS 0,12
LAPIZ STAEDTLER NORIS O SIMILAR 0,25
MARCADOR FLUOR STAEDTLER O SIMILAR 0,36
ROTULADOR PERMANENTE COLORES SURTIDOS 0,77
MARCADOR PIZARRA VELLEDA SIMILAR 0,6
PORTAMINAS 0,5 1
MINAS 0,5 0,3
ROTULADOR EDDING 1200 O SIMILAR 0,36
CALCULADORA CITTIZEN LC-210 III O SIMILAR 2,5
CALCULADORA IMPRESORA CITIZEN CX-32 II O SIMILAR 29,5
RECAMBIO RODILLO CALCULADORA CON IMPRESORA 4,5
CALCULADORA 8 DIG 6,44
TIJERA 21CM 0,75
TIJERA 25CM 0,99
SACAPUNTAS METALICO 0,25
GOMAS ELASTICAS Nº10 0,85
CINTA ADHESIVAI 19X33 0,32
CINTA DOBLE CARA 25X33 1,9
CINTA EMBALAR MARRÓN 66X55 0,9
MAQUINA DE PRECINTO 6,25
ADHESIV.LOCTITE SUPER GLUE 3 GR. O SIMILAR 1,6
SUPER GLUE-3, 5GRS CON PINCEL O SIMILAR 4,9
SPRAY PEGAMENTO 400 ML 7,5
ADHESIVO SOBLE CARA 3,09
COLA BLANCA 250G 2,08
SUPERGEN UNIVERSAL 20ML TRANSP O SIMILAR 1,01
BARRA ADHESIVA 40G 0,6
LIMPIA SUPER GLUE 5GR 1,98
PEL 335 810 BARRA ADHESIVA APLI 20G 0,29
PORTACELO ARTES PMP COLRES P90A 2,7
NOTAS POST IT 76X76 O SIMILAR 0,3
CINTA DYMO LETRATAG 12MM PAPEL 4,99
CAJA ETIQUETAS 100 FOLIOS DIVERSOS TAMAÑOS APLI O SIMILAR 6
TAMBOR DR-2100 62,87
SOBRE DE 120X220 A 7 TINTAS CAJA MIL SOBRES 257


SEGUNDO.- Requirir a adxudicataria para que proceda, no prazo de cinco días hábiles a contar a partir do día seguinte a notificación da presente resolución, á formalización do contrato.

TERCEIRO.- Dar traslado do presente acordo á adxudicataria e demais licitadores.

Pontevedra, 03 de xaneiro de 2011.
O Conselleiro delegado de Turismo de Pontevedra, SA
Julio Castela Martínez


05/01/2011