Sempre alegre e xubilosa, a cidade de Pontevedra é un continuo ir e vir de festas, tradicións e arraigados costumes que as súas xentes viven con paixón e orgullo. O calendario destas celebracións distribúese ao longo de todo o ano, con actividades vinculadas a todo tipo de ámbitos e sempre moi participativas.