Festival Internacional de Jazz e Blues de Pontevedra
Festival Internacional de Jazz e Blues de Pontevedra
O Festival Internacional de Jazz e Blues de Pontevedra naceu en 1993. Desde entón celébrase con periodicidade anual, durante a segunda metade do mes de xullo. Ten carácter gratuíto e nel teñen cabida artistas de jazz, blues e xéneros relacionados, como o rhythm&blues e o soul.
Os concertos desenvólvense nas prazas do Teucro, que foi a primeira sede do festival, e da Ferraría, que acolle actualmente o programa principal. Ademais hai actuacións itinerantes polas rúas, jam sessions e actividades docentes con talleres nos que colaboran músicos invitados e do país.
Neste festival préstaselle unha atención especial aos músicos galegos, que participan tanto no programa de concertos das dúas prazas sede do Festival, as jam sessions e a música polas rúas, como nos workshops.
Festival Internacional de Jazz e Blues de Pontevedra
Data de celebración: xullo Lugar: prazas da Ferrraría e do Teucro