Visitas guiadas
Visitas Guiadas Verán de 2020
Os turistas que visiten Pontevedra ao longo de todo o verán poderán optar ao servizo de visitas guiadas acompañados sempre por guías oficiais de Turismo de Pontevedra.
Máis información sobre horarios e reservas aquí.
As nosas visitas cumpren a lexislación local e as recomendacións sanitarias en materia de protección e seguridade.
Guías con formación específica en protocolos de actuación e manuais de boas prácticas para a prevención de risgos laborais ante a COVID-19.
É obrigatorio do uso de máscaras.
Tomarase de temperatura ao comezo do roteiro.
Facilitarase xel hidroalcohólico antes e durante o servizo.
Grupos non moi numerosos.
5€ tarifa xeral e 3€ tarifa reducida
Recoméndase o pago con tarxeta polas novas medidas de seguridade.
Desde o 1 de xullo ao 30 de setembro, as saídas terán lugar ás 11:00 h e ás 18:30 h.
Domingos e festivos, só ás 11:00 h.
* O 11 de xullo é festivo local.
Punto de saída: Novo punto de información turística situado no concello de Pontevedra, na dirección Praza de España s/n.
É recomendable realizar reserva previa, xa que este ano os grupos serán máis reducidos. Podes facelo dende aquí.
Para gozar dos descontos será necesario presentar documento acreditativo.
Enviarase un correo de confirmación.
Durante a visita daranse a coñecer todo tipo de elementos culturais, históricos, monumentais, gastronómicos e festivos relacionados con Pontevedra, destacando no itinerario as súas prazas e a riqueza heráldica da cidade e facendo especial fincapé nas lendas e anécdotas da cidade.
Cómpre destacar que neste percorrido visítase tamén o interior dos principais monumentos da cidade, como as Ruínas de Santo Domingo, o Santuario da Virxe Peregrina, a igrexa de San Bartolomé e a Basílica de Santa María.
Os nosos guías titulados levan desenvolvendo esta actividade durante os últimos 20 anos. Fomos pioneiros en Galicia na realización deste tipo de iniciativas.
Todos os nosos guías son oficiais de turismo.
Encántanos a nosa cidade e o noso obxectivo é que ao final da visita a ti páseche o mesmo.
A visita ten unha duración de aproximadamente 1 hora e 45 minutos e visitamos o interior dos monumentos sempre que sexa posible, cousa que non ocorre noutras empresas e percorridos.
Os nosos prezos son razoables e accesibles para todos os turistas. Non existen as visitas gratuítas, e sempre é mellor saber con antelación o que tes que pagar, sen sorpresas.
Servizo de pago.
Tamén está dispoñible un servizo de visitas concertadas para grupos durante todo o ano. Estas visitas teñen tamén unha duración estimada de 1 hora e 45 minutos e o grupo que queira facer a visita deberá reservar previamente na Casa da Luz no teléfono 986 090 890.
A visita pode realizarse en galego, castelán, inglés, francés e portugués.
A realización destas visitas guiadas está suxeita a un grupo mínimo de 10 persoas.
Tarifas especiais para grupos todo o ano:
Grupos de 1-15 persoas: 90 €
Grupos de 16-30 persoas: 115 €
Grupos de 31-60 persoas: 140 €
* As visitas guiadas en idioma estranxeiro (inglés/francés/portugués) incrementarán o importe da tarifa un 10%.
* As visitas guiadas bilingües incrementarán o importe da tarifa nun 30%.
© 2017 Turismo de Pontevedra. Concello de Pontevedra.
Todos os dereitos reservados