En coche, en tren, en autobús, en avión... mesmo a pé, como parte do Camiño Portugués a Santiago. Calquera medio de transporte serve para chegar a Pontevedra. Escolle o que máis se adapte a ti e... comeza a túa viaxe!
Se precisas un plano de Pontevedra, consellos sobre os lugares que non te podes perder, festas ou espectáculos aos que asistir ou calquera outra consulta relacionada coa túa visita, achégate a un punto de información turística e alí atoparás o que estás a buscar.
Para os habitantes de Pontevedra vivir nunha cidade sen coches é unha realidade. Máis do 70% dos desprazamentos urbanos fanse a pé ou en bicicleta e só tres de cada dez persoas que se moven pola cidade fano en coche. Pontevedra é unha cidade para paseala, para meterse por todos os seus recunchos e perderse polas súas rúas e prazas. Aparca o coche e camiña!