Serras, montañas, vales, bosques, ríos, lagos, arroios, leitos fluviais, zonas húmidas… Son múltiples e diversas as paisaxes que debuxa Pontevedra, cun matiz diferente en función da estación e da época do ano. E que mellor forma de coñecer estes espazos naturais que mediante as súas rutas e sendas? Con amigos, en familia, en parella ou en solitario propoñémosche unha serie de itinerarios para reconectar coa natureza e vivir unha experiencia única. Non esquezas os prismáticos e a cámara de fotos!