Aumenta-lo tamaño do texto Voltar ó tamaño orixinal do texto Reduci-lo tamaño do texto

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

« »
 

Os rapaces do colexio San Martiño (Salcedo) coñecen o Centro Histórico.

O concelleiro Julio Castela estará presente na primeira xornada desta iniciativa que intenta que os rapaces coñezan a orixe da súa cidade.

A iniciativa do equipo directivo do colexio San Martiño, de Salcedo, conta coa colaboración da Concellaría de Educación que proporciona unha guía para a xeira de visitas que se vai prolongar ata o venres así como os autobuses para o desprazamento. Trátase de que os rapaces coñezan a orixe da súa cidade, os seus lugares de intereses, monumentos rúas e prazas.
Os 60 rapaces, todos eles de Educación Infantil, que hoxe visitan a zona monumental chegan en dúas quendas, ás 10 e ás 11.30 horas. Nos próximos días tocaralle a outros 120 alumnos da etapa correspondente á Educación Primaria, co que acabarán participando a totalidade dos 180 nenos e nenas do centro.
A igrexa da Peregrina e a praza da Ferrería, as prazas da Leña, da Verdura, de Méndez Núñez e do Teucro, así como os arredores do Teatro Principal, da basílica de Santa María e das ruínas de San Domingos son algúns dos principais puntos de interese do percorrido.
Visit Pontevedra