Aumenta-lo tamaño do texto Voltar ó tamaño orixinal do texto Reduci-lo tamaño do texto

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

« »
 

“Natureza nos Camiños”, de visita polo río Lérez.

O segundo percorrido de Natureza nos Camiños levou a máis dun cento de persoas a descubrir as riquezas do principal río da cidade.

Os participantes descubriron aos tesouros da principal riqueza de auga da cidade pontevedresa, especialmente os puntos de captación da traída municipal, así como o bosque de ribeira ademais de algunhas das principais especies de peixes que viven no río, con especial relevancia para o salmón.
Xunto coas explicacións de carácter medioambiental, engadíronse algunhas notas históricas sobre o antigo Balneario e a empresa de augas minerais, propiedade de Casimiro Gómez.
A vindeira semana, o programa Natureza nos Camiños levaranos a coñecer os ecosistemas do río Gafos, outro dos fermosos enclaves da cidade de Pontevedra.
Para participar é necesario anotarse chamando ao 986 804 300 (Ext. 4262), na Concellería de Medio Ambiente Natural ou enviar un correo ao enderezo electrónico medionatural@concellopontevedra.es.
Visit Pontevedra