Aumenta-lo tamaño do texto Voltar ó tamaño orixinal do texto Reduci-lo tamaño do texto

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

« »
 

Natureza nos Camiños




Aprender na natureza mentres se percorre andando e contemplando a paisaxe é a proposta de Natureza nos Camiños.

Arrinca a segunda edición do popular programa Natureza nos Camiños, unha das actividades de maior éxito e que reúne a público de todas as idades.
Natureza nos Camiños é unha iniciativa da Concellaría de Medio Ambiente para fomentar a aprendizaxe dos valores naturais e incrementar o respecto polo patrimonio natural e etnográfico.
Este ano a iniciativa leva o título dos Camiños da auga para facer referencia aos tipos de itinerarios escolleitos e á formación específica que se vai a facer no relativo á preservación e conservación deste elemento que constitúe a base de toda a vida natural.
A iniciativa ponse en marcha este domingo cunha saída ao encoro do Pontillón do Castro que terá un percorrido duns 5.400 metros ata o alto dá Lumieira.
A segunda etapa ten como protagonista o río Lérez cun percorrido de 5.900 metros polo curso baixo do río ata o lugar das Cernadas.
O domingo seguinte será a quenda do río Gafos ata o lugar do Pobo; unha etapa duns 6.000 metros.
O cuarto domingo farase un percorrido duns 5.100 metros polo río Almofrei ata San Lourenzo.
Unha semana máis tarde a visita será a Xunqueira de Alba. Haberá que camiñar uns 5.300 metros polas beiras das marismas.
Finalmente o último domingo os camiñantes que dispoñan de selo das saídas anteriores terán preferencia para embarcarse ás Illas Ons onde se fará un percorrido para aprender máis sobre a fauna e a flora da illa.
As persoas interesadas en inscribirse poden pórse en contacto coa Concellaría de Medio Ambiente Natural no teléfono 986 804300 extensión 4281 ou ben no enderezo electrónico: medionatural@concellopontevedra.es

20/10/2009

Visit Pontevedra