Aumenta-lo tamaño do texto Voltar ó tamaño orixinal do texto Reduci-lo tamaño do texto

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

« »
 

A senda fluvial do Lérez estará rematada en novembro tras dous anos de obras.

No prazo dun mes o sendeiro cun percorrido de seis quilómetros estará finalizado e totalmente accesible para peóns, bicicletas ou cadeira de rodas.

Ata fai uns anos o percorrido polo Lérez desde Monte Porreiro ata Bora escondía unha rede de carreiros e camiños utilizados polos pescadores pero pouco coñecidos polos pontevedreses.
O concello decidiu recuperar este privilexiado paseo e transformar a vella senda nunha ruta peonil por un das paisaxes máis atractivas do municipio: os salóns do Lérez.
Tras un investimento duns dous millóns de euros e dous anos de obras, en novembro estará finalizado este itinerario de seis quilómetros accesible a peóns, bicicletas e tamén cadeiras de rodas.
Primeiro acondicionouse a ruta desde a actual praia fluvial ata Monte Porreiro e os tres quilómetros desde a estación de bombeo ata Bora e finalmente, en novembro, rematarán as obras de acondicionamento do tramo que conducía ás ruínas do balneario co que se disporá dun percorrido ininterrompido de seis quilómetros desde a Ponte dos Tirantes ata Bora. Esta última fase incluíu as a reparación das dúas pasarelas metálicas que cruzan o río neste tramo de forma que os sendeiristas poidan cruzar con facilidade á outra beira ou acceder por outro camiño ao área recreativa rehabilitada na desembocadura do río Fontáns.
Visit Pontevedra