Aumenta-lo tamaño do texto Voltar ó tamaño orixinal do texto Reduci-lo tamaño do texto

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

« »
 

Ferpalia pecha hoxe as súas portas cun volume de negocio superior aos 40 millóns de euros.

A oferta relacionada con Xacobeo 2010 permitiu incrementar o volume de negocio.

A Bolsa de Contratación, que cita a operadores de turismo e empresarios para asinar acordos de cara ao próximo ano, viu así confirmadas as expectativas cunha intensa actividade que se prolongou máis aló dos horarios previstos, xa que ninguén quixo perderse a posibilidade de rendibilizar o Xacobeo.
Entre a procedencia dos empresarios chegados á Bolsa de Contratación, destacan os portugueses; e entre os galegos, os da Coruña, Santiago, Lugo e as Rías Baixas.
Polo recinto feiral de Ferpalia están desfilando representantes das cadeas hostaleiras existentes na comunidade autónoma, como Husa, Sol Meliá, Hesperia, NH Hoteis, entre outras; dos Paradores, Balnearios e Casas Rurais, Axencias de Viaxes, Deportes Náuticos, Campos do Golf, e outras moitas empresas afíns do sector turístico.
A xornada de clausura encherá o recinto feiral de Pontevedra cunha serie de actividades que van desde as degustacións gratuítas que ofrecerán a Deputación e Cámara de Comercio de Huesca, ata a entrega dos premios aos gañadores do concurso de Fotografía; e o recibimento dos hospitaleros do Camiño de Santiago.
Visit Pontevedra