Aumenta-lo tamaño do texto Voltar ó tamaño orixinal do texto Reduci-lo tamaño do texto

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

« »
 

Concello e Asociación de Hostaleiros acordan a estratexia de promoción turística da cidade.

Julio Castela anuncia que Pontevedra presentará en FITUR a nova política turística de Pontevedra

A cidade de Pontevedra estará en FITUR cunha vocación estritamente profesional. Así o anunciou o concelleiro de Turismo de Pontevedra, Xullo Castela, tras unha reunión mantida cos representantes da Asociación de Hostaleiros de Pontevedra que contou cunha importante presenza de empresarios xa que estiveron oito establecementos (Peregrina, Virgen del Camino, Galicia Palace, A Barca, Parador, Rúas, Avenida e Rías Bajas).
Pontevedra apostará por seguir acudindo á feira no marco de Turgalicia e aproveitará o certame para presentar a nova política turística da cidade empezando pola marca xa rexistrada “Pontevedra, Capital das Rías Baixas” así como dos plans en marcha para deseñar produtos concretos que ofrecer produtos concretos aos visitantes.
FITUR será tamén o marco no que se presente a nova web de Turismo de Pontevedra así como o primeiro vídeo especificamente turístico da cidade que estará dispoñible nas próximas semanas. Tamén se fará entrega aos operadores de turismo e mayoristas dunha guía de recursos turísticos da cidade que está en elaboración. Finalmente pensouse na posibilidade de colocar, coincidindo coa feira, unha carpa promocional nunha praza céntrica de Madrid dado que os datos recollidos ano tras ano demostran que a comunidade madrileña é a que maior número de visitantes achega a Pontevedra.
Xullo Castela destacou que o concello vai apostar por Ferpalia, a feira de turismo de Galicia que terá lugar nos próximos días no Recinto Feiral de Pontevedra.
A reunión serviu tamén para dar constancia do rexistro da empresa municipal de turismo e a definir a estrutura de persoal que será moi contida xa que non haberá mais de dous ou tres persoas baixo a responsabilidade dun/d unha xerente.
O responsable municipal presentou tamén a posibilidade de crear unha central de reservas a partir da web Turismo en Pontevedra, idea que foi ben acollida polos asistentes como medio adicional para captar clientes para os hoteis pontevedreses.
Finamente o concelleiro e os hostaleiros repasaron a necesidade de mellorar a sinalización viaria dos diferente hoteis. Xullo Castela indicou que aínda que se deron pasos neste sentido é necesario optimizar o número e situación dos paneis e que os servizos municipais están elaborando un proxecto para cuantificar o investimento necesario.
Tanto o concelleiro de Turismo como o presidente da Asociación de Hostaleiros, Bernardo Quinteiro, coincidiron en que se trata da primeira vez que ambas as partes pactan a estratexia de promoción da cidade no principal escaparate sectorial do país.
Visit Pontevedra