Aumenta-lo tamaño do texto Voltar ó tamaño orixinal do texto Reduci-lo tamaño do texto

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

« »
 

O Pazo de Cultura de Pontevedra acolle a exposición ``Irreversible´´.

Irreversible achega a Pontevedra a colección Sanchez-Ubiría unha selección da mellor arte internacional das últimas décadas

O Pazo de cultura de Pontevedra acolle ata o 15 de novembro obras de 42 artistas de referencia das últimas décadas.
A exposición organizada polo o concello de Pontevedra é unha selección da comisaria María Pena Lombao sobre a dobre clara da colección do matrimonio formado por Marga Sánchez e Sebastían Ubiría.
A mostra é unha síntese das distintas miradas do matrimonio, unha racional e outra máis sentimental. Mentres ela di ser máis lúdica el interésase máis polos aspectos formais. Ambos forman un equilibrio e por iso móstranse as dúas partes.
Bruce Nauman, Art & Language, Imi Knoebel, Richard Deacon, Helena Almeida, Jorge Macchi, Boris Mikhailov e Ángela da Cruz son algúns dos corenta e dous artistas que o visitante poderá atopar no seu percorrido por Irreversible.
A mostra estará aberta desde o 11 de setembro ao 15 de novembro no seguinte horario: de martes a venres, de 17:00 a 21:00 horas; sábados, de 11:00 a 14:00 e de 17:00 a 21:00 horas; domingos e festivos, de 11:00 a 14:00 horas.
Irreversible coincide estes meses en Pontevedra con outras dúas exposicións destacadas: a retrospectiva sobre Man Ray inaugurada no Centro Social Caixanova e a mostra de “Novos Valores” no Museo de Pontevedra.
Visit Pontevedra