Aumenta-lo tamaño do texto Voltar ó tamaño orixinal do texto Reduci-lo tamaño do texto

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

« »
 

Pontevedra recibiu en agosto a máis de 16.000 visitantes.

O concelleiro de Turismo, Julio Castela, cualificou de moi positivas as cifras de visitantes alcanzadas no mes de agosto.

Máis de 16.600 turistas, especialmente de Madrid, Valencia, Castela León e Castela a Mancha achegáronse a Pontevedra no mes de agosto. A cifra supón un incremento do 60% con respecto ao mes de agosto de 2008.
Destaca tamén o espectacular aumento do turismo francés cunha subida do 15% respecto ao mesmo mes do ano anterior e que relega a un segundo plano ao turismo procedente de Portugal. Outros visitantes foráneos procedían de Xapón ou Rusia.
A concellaría de Turismo trata de mellorar estes datos enviando información da cidade en diferentes idiomas ás oficinas de turismo que Turespaña ten distribuídas en países europeos e americanos.
Julio Castela destacou que a información dada pola Asociación de Hoteis da cidade indica un índice de ocupación do 77%, cifra similar á do ano pasado. Un 16% dos visitantes elixiu Pontevedra para pasar a noite o cal supón un incremento do 4% respecto ao mes de Xullo.
Outra variación con respecto ao mes de xullo foi o tipo de visitantes. En agosto incrementáronse o número de familias e de mozos. Na provincia, os principais destinos foron O Grove e Sanxenxo, seguidos da propia capital.
Visit Pontevedra