Aumenta-lo tamaño do texto Voltar ó tamaño orixinal do texto Reduci-lo tamaño do texto

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

« »
 

O mes de Xullo pecha con bos indicadores turísticos.

As visitas o centro histórico cos seus recunchos e prazas e o ambiente das rúas impresionan aos visitantes.




A afluencia as casetas de información e o número de participantes nas visitas guiadas medraron significativamente según deu a coñecer o concelleiro de Turismo, Julio Castela.

Os dous postos de información turística rexistraron o paso de 13000 persoas o que supón un incremento do 18% sobre o ano pasado. As visitas guiadas contaron coa participación de 670 persoas fronte as 500 do ano anterior.

Os turistas que xa coñecían Pontevedra destacan de modo favorable a gran transformación da cidade nos últimos anos. Os que acoden por primeira vez levan unha agradable sorpresa e non dubidan en afirmar que é un dos lugares que mais lles gustaron e que sen dúbida recomendarana.

Segue sorprendendo o estado de conservación do Centro Histórico e destacan as prazas sobre todo as da Leña e O Teucro e rúas como a de Figueroa cheas de animación e encanto. Polo que se refire aos monumentos a estrela segue sendo a Basílica de Santa María.

En sentido contrario critica o tratamento urbanístico da fachada litoral da ría entre Pontevedra e O Grove.

As visitas guiadas alargan un pouco a súa duración ao incorporar este ano a novidade das obras de Centro de Interpretación das Torres Arcebispais e o futuro parque arqueolóxico aberto no Campiño de Santa María, elementos que gozaron de grande aceptación entre os participantes, aínda que as obras non están rematadas.

Julio Castela indicou que a meirande parte dos turistas proceden de Madrid e Barcelona mentres que na parte internacional destacan os franceses e os portugueses.

Os datos demostran que solo un 12% dos visitantes pasan a noite nos hoteis de Pontevedra, un dato que , aínda que revela unha tendencia levemente ascendente , supón, en palabras de Julio Castela un motivo de preocupación que obriga a seguir colaborando co sector para corrixilo e consolidar o potencial turística da cidade.
Visit Pontevedra