Aumenta-lo tamaño do texto Voltar ó tamaño orixinal do texto Reduci-lo tamaño do texto

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

« »
 

Presentada a web www.visit-pontevedra.com




O concelleiro de Turismo, Julio Castela Martínez, presentou a nova web turística www.visit-pontevedra.com aos operadores turísticos locais.

A nosa intención declarou "é posicionar a Pontevedra no mapa e o no ciberespacio e dotar a sociedade pública Turismo de Pontevedra dunha ferramenta TIC que permita o acceso ao mercado turístico global en condicións de vantaxe competitiva. Por este motivo, ao dominio clásico ata o de agora, www.turismoenpontevedra.es, engadiuse o visit pensando no mercado internacional.

O portal é plurilingüe (español, galego, inglés e portugués) e permite unha navegación realmente sinxela e áxil a a pesar da enorme cantidade de recursos incluídos, pois no momento de iniciar a su andaina conta xa cunha base de datos con 7.122 rexistros e nos que están incluídos tódolos hoteis, restaurantes, farmacias, aparcamentos, paradas de taxi, monumentos e edificios públicos da cidade.

Julio Castela asegurou que estamos diante dun "site" do século XXI e que coloca a Pontevedra nunha situación de vantaxe competitiva no contorno das TICs. Así recalcou a novidade que supón ofrecer os vídeos con resolución de pantalla completa, o feito de permitir o envío de SMS, e as vantaxes que aporta a integración con outras webs como a de Google Maps, ou o feito de permitir unha xestión individualizada da viaxe a través da carteira do viaxeiro.

A través dun Sistema de Información Xeográfica (GIS), o internauta pode localizar os distintos recursos da cidade e descargar datos sobre o hotel onde pretende aloxarse, os restaurantes onde pretende comer, os aparcamentos dispoñibles, os monumentos a visitar ou as farmacias máis próximas e baixar as localizacións. Tamén pode enviar a información ao seu enderezo de correo electrónico e consultala co seu ordenador portátil ou cun dos novos aparellos móbiles de última xeración tipo Blackberry ou iPhone, así como pasar os datos dos establecementos á súa axenda de Windows o xerar informes persoalizados coas súas preferencias.

Pero a web non só se dirixe ao consumidor, senón tamén ao sector: ofrece a posibilidade que todos os establecementos teñan visibilidade a través da mesma a través dun "permanent link", que conduce a unha páxina individualizada de cada recurso, e reforza a presenza dos mesmos en Internet.

O concelleiro de Turismo indicou que a páxina nace con vocación de crecer e recibiu de moi bo grado algunhas suxestións para incluír tamén unha guía de comercio que se está elaborando polo sector.

Os responsables do sector turístico recibiron con satisfacción esta completa ferramenta que Pontevedra xa ten colgada en Internet e ofrecéronse a colaborar de cara a unha mellora continua que permita mantela na vangarda dos servizos a través da rede.
Visit Pontevedra