Aumenta-lo tamaño do texto Voltar ó tamaño orixinal do texto Reduci-lo tamaño do texto

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

« »
 

A Concellaría de Turismo potenciará a presenza en Internet dos hoteis pontevedreses.




O obxectivo segundo o concelleiro de Turismo Julio Castela, é porse á beira das tecnoloxías para mellorar os índices de ocupación.

Julio Castela anunciou que unha nova e potente páxina Web incluirá información actualizada sobre os hoteis da cidade e outros aspectos prácticos e funcionais como a ruta para chegar a eles de modo que ata os hoteis sen presenza propia en Internet verán mellorada a súa visibilidade grazas a ferramentas que permitirán localizalos en todos os motores de procura e especialmente en Google. Tamén se traballa na incorporación de enlaces que permitirán imprimir a ruta de acceso aos hoteis polo centro urbano ou a descarga directa a dispositivos GPS de uso habitual nos vehículos.

Castela explicou que a principal queixa dos clientes é a dificultade para atopar o camiño en coche ata os hoteis polo que se pensou que as novas tecnoloxías de uso habitual no turismo poden pór remedio a este problema. Tamén se mellorará a tradicional sinalización horizontal.

O concelleiro anunciou tamén a inminente creación da Empresa Municipal de Turismo en cuxo consello de Administración deberá estar representada a Asociación de Hostaleiros de Pontevedra.

O responsable de Turismo explicou o contido da campaña publicitaria posta en marcha dean toda Galicia e Norte de Portugal para tratar de potenciar a ocupación hostaleira. A campaña xoga co lema “Pasa unha noite en Pontevedra e saberás ou que é ou amor verdadeiro” e poderá verse nas traseiras dos autobuses e mobiliario urbano.

07/07/2009

Visit Pontevedra