Aumenta-lo tamaño do texto Voltar ó tamaño orixinal do texto Reduci-lo tamaño do texto

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

« »
 

Festas do Santiaguiño do Burgo 2015

Do 24 ao 26 de xullo Pontevedra celebrará as populares Festas de Santiaguiño do Burgo. Presentámosche o programa de actividades, incluidos os detalles da "Carreira Pedestre Santiaguiño do Burgo 2015".





Cara a fin de semana comezan as Festas de Santiaguiño do Burgo que se prolongarán de venres a domingo coa seguinte programación:


Venres 24 de xullo de 2015

  • 11.30 h Pasarrúas polo barrio do Burgo a cargo do grupo Gaiteiros das Rías Baixas
  • 20.00 h Procesión polo barrio do Burgo para recoller as uvas e o millo, coa participación do grupo de gaitas Os de Algures
  • 22.30 h Verbena no recinto feiral: orquestras Manchester e Cosmos



Sábado 25 de xullo de 2015

  • 11.00 h XIX Maratón Popular Santiago Peregrino do Burgo. Saída da Ponte do Burgo, Avenida de Domingo Fontán e A Xunqueira do Vao
  • 11.30 h Pasarrúas polo barrio do Burgo a cargo dos grupos Os de Algures e Gaiteiros das Rías Baixas.
  • 12.30 h Procesión e concerto da Banda Música de Pontevedra
  • 22.30 h Verbena no recinto feiral: Orquestras Avenida e Alaska
  • 24.00 h Fogos de artificio na beira do río (entre a Ponte do Burgo e a ponte de Santiago)


    Domingo 26 de xullo de 2015

  •     11.30 h Pasarrúas polo barrio do Burgo a cargo do grupo de gaitas Gaiteiros das Rías Baixas
  •     20.00 h XVII Festa Homenaxe ás Persoas Maiores.  Os Chichisos. Teatro Principal
  •     22.30 h Verbena no recinto feiral: Boys Machine e Kamelot

 

 

Carreira Pedestre Santiaguiño del Burgo 2015

 

A Asociación Xuvenil Santiago Peregrino do Burgo e o Concello de Pontevedra, a través do Instituto Municipal de Deportes de Pontevedra, e coa colaboración técnica da Sociedad Gimnástica de Pontevedra organizan o xoves 25 de xullo de 2015, a partir das 11,00 horas, a "Carreira Pedestre Santiaguiño do Burgo 2015".

 

Inscripcións

 

Poderán participar todas aquelas persoas que o desexen sempre que estean inscritas, nos prazos establecidos ao efecto pola organización.

As inscricións faranse para as categorías Promesas, Senior e todas as de Veteranos ata as 23:59 horas do día 21 de xullo de 2015, non se admitirán nin inscricións posteriores nin o mesmo día da proba, e faranse na web www.championchipnorte.com
Para as categorías inferiores Chupete, Pitufo/a, Benxamín, Alevín, Infantil, Cadete e Xuvenil faranse o mesmo día da carreira á hora de recoller o dorsal (dende as 08.30 ata as 09.40 horas) indicando o nome do/a participante e ano de nacemento, no Pavillón Municipal de Deportes de Pontevedra.

 

O día 21 de xullo a partir das 20.30 horas dende o frontal do Pavillón Municipal de Deportes de Pontevedra farase unha concentración pedestre para recoñecemento do percorrido. Durará menos dunha hora e farase a ritmo moi popular. Estará aberta á participación libre.
A entrega de dorsais e chips terá lugar no Pavillón Municipal de Deportes de Pontevedra o 24/07/15 en horario de 17 a 20 horas e o propio 25/07/15 en horario de 08,30 a 10,30 horas.

 

Premios


Premiarase como vencedores absolutos aos tres primeiros homes e mulleres en rematar. O vencedor absoluto masculino recibirá o premio que leva o nome D. Fernando Vázquez Fontenla; a vencedora absoluta feminina recibirá o premio que leva o nome da Asociación de Amigos do Camiño Portugués. Os/as vencedores absolutos recibirán o premio correspondente a esta clasificación e recibirán tamén o premio da súa categoría particular.

 

Recibirán trofeo os tres primeiros clasificados de cada categoría Promesas, Senior e Veteráns. Agás na categoría Chupetes, Pitufos/as, Benxamín, Alevín, Infantil, Cadete e Xuvenil que recibirán unha medalla todos/as os que rematen a súa carreira.
Todos os deportistas masculinos ou femininos absolutos que cheguen a meta nos postos 50º, 100º, 150º e 200º da carreira absoluta serán obsequiados/as cunha gorra técnica, e 1 mes de asesoramento deportivo de balde a cargo de Rungalicia.com.


A cerimonia de entrega de premios efectuarase a partir das 12.10 horas na zona de meta. Os atletas con dereito aos premios deberán estar presentes na mesma. Se non estivesen presentes, entenderase que renuncian ao premio material.


Máis información a través da Asociación Xuvenil Santiago Peregrino do Burgo, no correo-e info@sgpontevedra.com ou no Facebook /CircuitoDeCarreirasDePontevedra.

 

 

Visit Pontevedra