Aumenta-lo tamaño do texto Voltar ó tamaño orixinal do texto Reduci-lo tamaño do texto

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

« »
 

A Xunta achega 90.000 euros para Terras de Pontevedra

O convenio será asinado por Carmen Pardo, Secretaria Xeral de Turismo, e a concelleira de Turismo de Pontevedra, Carlota Román




A secretaria xeral de Turismo da Xunta de Galicia, Carmen Pardo, e a concelleira de Turismo de Pontevedra, Carlota Román, asinarán nos próximos días o novo convenio de colaboración que fará posible a continuidade da mancomunidade "Terras de Pontevedra" no que queda deste ano 2012.
Con carácter previo, o convenio será aprobado mañá polo Pleno da mancomunidade, formada polos concellos de Pontevedra, Marín, Poio, Ponte Caldelas, Vilaboa, Cotobade, Barro e Campo Lameiro.

A mancomunidade funcionará cun orzamento total estimado de 145.000 euros, dos que a Xunta achega 90.000 euros e o os concellos que integran o ente outros 55.000 euros.
As funcións a desenvolver durante esta nova andaina consisten na creación de produtos turísticos, comercialización, comunicación e formación. Ata un máximo de 55.000 euros poden estar destinados a gastos de persoal e correntes.

Carlota Román considera que estamos diante dunha boa nova. O convenio vense negociando dende hai varios meses e, finalmente, acadouse este acordo, que resulta beneficioso para os concellos integrados en "Terras de Pontevedra". Unha negociación na que tamén estivo presente o alcalde de Ponte Caldelas, Perfecto Rodríguez.
A concelleira de Turismo pontevedresa está satisfeita de que o proxecto teña sido entendido e compartido na Secretaría Xeral. A todos nos gustaría dispoñer de máis cartos, pero a situación económica actual é complicada, polo que cómpre destacar o positivo.

Trátase, engadiu Carlota Román, dun novo exemplo de como as Administracións poden e de-ben unir esforzos nunha área como a turística, na que é imprescindible que todos os axentes traballen xuntos. Ao tempo, a responsable da política turística municipal destacou que este convenio vai permitir dar o paso definitivo para a unificación de esforzos e obxectivos entre a empresa municipal Turismo de Pontevedra e o plan de ámbito comarcal que representa Terras de Pontevedra.

26/06/2012

Visit Pontevedra