Aumenta-lo tamaño do texto Voltar ó tamaño orixinal do texto Reduci-lo tamaño do texto

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

« »
 

Xantar literario en Culturgal




Pepe Cáccamo, Fina Casalderrey, Xabier Docampo e Xesús Fraga participarán nun xantar literario en Culturgal

Os escritores e escritoras galegas atrévense coa gastronomía. Puxeron as súas receitas sobre o papel e agora queren compartilas nun xantar literario organizado por Culturgal no que os seus lectores serán tamén comensais. Dentro do programa da Feira das Industrias Culturais que se celebrará os días 2, 3 e 4 de decembro en Pontevedra, un restaurante da cidade cociña as receitas que Pepe Cáccamo, Fina Casalderrey, Xabier P. Docampo e Xesús Fraga expuxeron en libros recentes: Cociñando ao pé da letra (Editorial Galaxia) e 50 recetas con moras (Alvarellos). Os autores porán o seu toque na receita e acompañarán aos comensais nunha comida para falar de gastronomía, literatura e outras exquisiteces.

O xantar literario de Culturgal 2011 terá lugar o domingo 4 de decembro ás 14h30 no Restaurante Rúas. O menú estará composto pola tortilla segundo receita de Pepe Cáccamo, a empanada de millo de croques de Fina Casalderrey, o peixe sapo en prebe de abelás e viño albariño especialidade de Xabier P. Docampo e unha sobremesa elaborada con froitos silvestres segundo as indicacións de Xesús Fraga. O prezo por comensal é de 30 € e as prazas son limitadas. Na comida participarán 30 persoas, que xa poden solicitar a súa praza no teléfono 625 204 119 ou no mail contidos@culturgal.com. O prazo de inscrición abrirase o venres día 27 de outubro e pecharase o mércores 23 de novembro, ou cando se cubran as prazas dispoñibles.
Visit Pontevedra