Aumenta-lo tamaño do texto Voltar ó tamaño orixinal do texto Reduci-lo tamaño do texto

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

« »
 

Os hoteleiros coa empresa de turismo

Os hoteleiros pontevedreses renovan con Carlota Román o seu compromiso de colaborar coa empresa de turismo

A Asociación de Hoteleiros de Pontevedra expresou á nova concelleira de Turismo, Carlota Román, a súa intención de seguir a colaborar ao máximo nivel co Concello e a Empresa Municipal de Turismo. Un compromiso que, como lembrou a edil, é especialmente necesario nesta época de crise na que escasean os recursos económicos e na que é preciso que todas as forzas, públicas e privadas, traballen na mesma dirección.

Carlota Román subliñou a súa intención de esforzarse ao máximo para ir dando pasos na promoción de Pontevedra. Destacou que a cidade segue a ser unha gran descoñecida mesmo en zonas de España que están moi próximas. A concelleira indicou que as lamentacións de nada serven, polo que é preferible estudar polo miúdo entre todos as causas deste fenómeno e buscar solucións para que Pontevedra poda ofertar todo o seu potencial turístico. Lembrou que a situación xeoestratéxica da cidade, preto de todo o que hai que ver en Galicia, e o seu magnífico centro histórico deben xogar ao noso favor.

A edil anunciou que abrirá conversas coa Xunta de Galicia e a Deputación Provincial para que a Empresa Municipal de Turismo sume potencialidades con Turgalicia e o Padroado de Turismo Rías Baixas.

Na xuntanza falouse tamén das posibles melloras a introducir no portal web municipal www.visit-pontevedra.com, así como da necesidade de potenciar o Pazo de Congresos atraendo á nosa cidade a un maior número de feiras e congresos e realizando un labor de comercialización que si desenvolven outras cidades. A maiores houbo acordo en que hai que buscar fórmulas para que as feiras e congresos acheguen un maior número de pernoctacións nos hoteis da cidade porque, en ocasións, se ofertan prazas fóra do municipio por parte dos organizadores destes eventos feirais.

Os hoteleiros indicaron que nos últimos anos se teñen producido avances, como a mellora dos indicadores de tráfico coa situación dos hoteis ou a posta en marcha da central de reservas en Internet, polo que que hai que continuar nesa liña. Especialmente incidiron na necesidade de que o Concello promova eventos que contribúan a ocupar prazas hoteleiras durante a tempada baixa. Incidiron en que o problema non está nos dous meses de verán, senón nos restantes.
Visit Pontevedra