Aumenta-lo tamaño do texto Voltar ó tamaño orixinal do texto Reduci-lo tamaño do texto

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

« »
 

Éxito do Fam Trip de Visit Pontevedra




A Concellería de Turismo trae a Pontevedra a xornalistas especializados do Noroeste da Península

O grupo de oito xornalistas especializados do Noroeste da Península Ibérica, chegados de Portugal, Asturias e Castela-León, quedaron gratamente sorprendidos o coñecer o potencial turístico da cidade no “fam trip” que organizou a Concellería de Turismo os pasados días 6 e 7 de maio.

O edil Julio Castela ofreceulles o pasado xoves unha recepción na Casa do Turista, dando así comezo a unha xornada que incluíu unha visita ao Mercado de Abastos, ao Centro de Interpretación das Torres Arcebispais (CITA), ao Museo de Pontevedra e un percorrido pola ría para acabar cun xantar nun restaurante da zona. A tarde foi dedicada a coñecer a zona máis moderna e comercial da cidade.

A comitiva chegou durante a tarde do xoves e incluíu unha visita guiada polo Centro Histórico con cea no restaurante do Club Náutico para coñecer o potencial da ría e o turismo recreativo. Tiveron tamén tempo de visitar o Pazo de Mugartegui, sede da Denominación de Orixe Rías Baixas, onde tiveron ocasión de asistir ao Campionato de Galicia de Sumilleres. Alí gozaron dun acto de promoción do viño albariño especificamente pensado para eles.

Os xornalistas publican habitualmente os seus traballos en La Voz de Asturias, El Comercio, de Gijón; La Nueva España; El Día, de Zamora; El Adelanto, de Zamora; Diario de León, a Agência Lusa, a revista de Hostelería de Asturias e a tamén asturiana revista Travelport. Algún deles é tamén escritor e autor de varias guías turísticas.

As impresións recollidas entre os visitantes foron moi positivas e todos eles destacaron o potencial turístico do Centro Histórico, da ría e do entorno máis inmediato de Pontevedra.

11/05/2011

Visit Pontevedra