Aumenta-lo tamaño do texto Voltar ó tamaño orixinal do texto Reduci-lo tamaño do texto

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

« »
 

A Peregrina, Ravachol e o Centro Histórico, elixidos como iconas turísticas da cidade de Pontevedra




Visit Pontevedra prepara unha marca gastronómica, "Pontevedra, un mar de sabores", un menú gourmet e unha ruta de doces

A enquisa realizada pola Concellería de Turismo para determinar os conceptos visuais cos que máis se asocia a cidade de Pontevedra e para buscar unha marca gastronómica propia xa ten resultados. A consulta deu como resultado que a igrexa da Peregrina, o loro Ravachol e o Centro Histórico (con especial alusión ás súas prazas) son os símbolos máis representativos.

Na campaña repartíronse 9.500 cupóns de votación, dos que se formalizaron 3.820 o que dá unha porcentaxe dun 40% de participación. Tamén se pedía unha valoración do 1 ao 10 para a idea de crear a marca gastronómica. A nota que as persoas que votaron deron a esta iniciativa foi dun 7,76 e entre os que se atreveron a suxerir unha denominación gañou "Pontevedra, un mar de sabores".

O concelleiro Julio Castela presentou os primeiros produtos de "merchandising", que se poñen á venda dende hoxe na Casa do Turista (praza da Verdura), saídos directamente dos resultados das enquisas. A intención é que os visitantes que pasan por Pontevedra teñan unha expectativa cada vez máis clara dos regalos e recordos que poden levar con eles. Hai camisetas para mozo, moza e neno/a estampadas coa figura de Ravachol e que custan entre 8 e 9 euros, unha axenda, tazas a 5 euros e mesmo patucos para bebés a seis euros. Tamén poden adquirirse chapas a 50 céntimos. Nos próximos meses irase incrementando a oferta, incluíndo, entre outros produtos, posters do Centro Histórico e maquetas decorativas da Zona Monumental e da igrexa da Peregrina.

Por outra banda, a promoción gastronómica da cidade baixo a marca "Pontevedra, un mar de sabores" irá concretándose con distintas iniciativas. A primeira será un menú gourmet, elaborado con produtos da ría que se poderá degustar a prezo fixo en varios restaurantes da cidade previa adquisición dun bono na Casa do Turista. Tamén se está traballando nun roteiro polas pastelerías e xeaderías da cidade que chamarase "Pontevedra Doce/Dulce". Este roteiro porá a énfase nos produtos típicos da cidade que ofrecen os distintos estabelecementos e promoverá o seu empaquetado estandarizado coa imaxe turística da cidade con vistas a que se convertan tamén nun regalo ou encargo habitual entre os turistas que chegan á Boa Vila.

A última idea que está a pulir nestes intres a Concellería de Turismo é a organización de visitas guiadas con degustación incluída ao Mercado de Abastos e ao pazo de Mugartegui, sede da Denominación de Orixe Rías Baixas.

Julio Castela concluíu que o obxectivo de todas estas iniciativas é posicionar a Pontevedra como destino turístico de referencia e promover as estancias na cidade durante un mínimo de dous ou tres días, para o que é preciso apostar por potencialidades ou atractivos propios e que non poden ofrecer os destinos competidores máis próximos.
Visit Pontevedra