Aumenta-lo tamaño do texto Voltar ó tamaño orixinal do texto Reduci-lo tamaño do texto

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

« »
 

Bos indicadores turísticos en Semana Santa

Julio Castela, moi satisfeito cos indicadores turísticos rexistrados durante a Semana Santa

A Semana Santa deixou moi bos datos en Pontevedra. O concelleiro de Turismo, Julio Castela Martínez, destacou que os indicadores son especialmente satisfactorios se se ten en conta que se producen na anualidade seguinte ao Ano Xacobeo e cunhas predicións meteorolóxicas negativas.

A ocupación hoteleira na cidade superou lixeiramente o 70%, bastante por encima das previsións, que eran dun 65%.

Castela destacou que durante esta campaña abriu a caseta de información turística das estacións de autobuses e ferrocarril (a Casa do Turista está aberta todo o ano), o que permitiu chegar a un total de 2.140 visitantes atendidos, o que supuxo un incremento dun 49% sobre o ano anterior. A información máis demandada estivo relacionada coa actividade da Semana Santa, as illas Cíes, Santiago de Compostela e as festas gastronómicas.

Das enquisas realizadas dedúcese que o 88% dos turistas son de procedencia nacional e o 12% estranxeiros. Entre os nacionais predominan os madrileños, seguidos dos casteláns-leoneses e dos asturianos. Adoitan vir en vehículo propio e maioritariamente correspóndense con parellas novas ou de ata 45 anos e con fillos.

As visitas guiadas, que se realizaron en convocatoria de mañá e de tarde, rexistraron preto dos 80 participantes. Os turistas que realizaron o percorrido, entre os que había tamén algún pontevedrés que aproveitou a ocasión, valoran moito o atractivo do Centro Histórico, a gastronomía local e a limpeza da cidade. En cambio, botan en falta a posibilidade de alugar bicicletas no sistema do PillaBici e reclaman unha mellora na sinaléctica para atopar a Casa do Turista.

Julio Castela anunciou que durante este verán instalaranse indicadores para chegar á Casa do Turista.

27/04/2011

Visit Pontevedra