Aumenta-lo tamaño do texto Voltar ó tamaño orixinal do texto Reduci-lo tamaño do texto

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

« »
 

Bases Xerencia de Turismo de Pontevedra

Aprobadas as Bases para a Contratación da Xerencia de Turismo de Pontevedra

Segundo resolución do conselleiro delegado do Consello de Administración de 24 de novembro de 2010, a Sociedade Turismo de Pontevedra fai pública a Convocatoria correspondente proceso selectivo mediante a publicación do anuncio de convocatoria en tres diarios, e publicación das bases sinaladas na páxina web da sociedade mercantil e no taboleiro de editos do Concello de Pontevedra, tal e como se sinala nas mesmas no apartado 2 das correspondentes bases.

Para ser admitido á realización do procedemento de selección , os/as aspirantes deberán reunir os seguintes requisitos:

a) Ter nacionalidade española ou atoparse comprendido no eido de aplicación do artigo 57 da Lei 7/2007 do Estatuto Básico do Empregado Público.

b) Posuír a capacidade funcional para o desempeño das tarefas.

c) Ter cumpridos 16 anos e non exceder, no seu caso, da idade máxima de xubilación forzosa.

d) Non haber sido separado mediante expediente disciplinario do servizo de calquera das Administracións Públicas ou dos órganos constitucionais ou estatutarios das Comunidades Autónomas.

e) Non atoparse en situación de inhabilitación absoluta ou especial para os empregos ou cargos públicos por resolución xudicial, para o acceso ao corpo ou escala de funcionario, ou para exercer funcións similares ás que desempeñaban no caso de persoal laboral, no que houbera sido separado ou inhabilitado.

f) Estar en posesión de algunha das seguintes titulacións ou estar en condicións de obtela, na data en que remate o prazo de presentación de instancias: Diplomatura ou grado en turismo, Técnico en empresas e actividades turísticas, licenciatura ou grado en dereito, licenciatura ou grado en económicas, licenciatura ou grado en empresas, licenciatura ou grado en xeografía ou Historia.

Se ruega a los interesados que descarguen el literal de la convocatoria en este link.
Visit Pontevedra