Aumenta-lo tamaño do texto Voltar ó tamaño orixinal do texto Reduci-lo tamaño do texto

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

« »
 

Mais que fútbol




Turismo de Pontevedra promocionará a Capital das Rías Baixas en Alcorcón co gallo do partido de volta da fase de ascenso


Pontevedra será protagonista en Alcorcón durante esta fin de semana non só por motivos futbolísticos. Aproveitando o partido de volta da fase de ascenso entre os equipos de ámbalas dúas cidades a sociedade anónima Turismo de Pontevedra vai despregar un amplo abano de actividades na céntrica praza da República da localidade madrileña.

O concelleiro de Turismo pontevedrés, Julio Castela, presentou hoxe a iniciativa acompañado do presidente do Pontevedra C.F., Nino Mirón; do presidente da federación de peñas, César Sotelo; e do presidente de Unión Granate, Quico Alonso.

Julio Castela destacou a importancia de aproveitar as sinerxias turísticas que xera o club granate e máxime nunha cidade como Alcorcón, que ten 185.000 habitantes, e atópase nunha das tradicionais áreas de influencia turística de Pontevedra.

O Concello, a través de Turismo de Pontevedra, vai instalar un área promocional que consistirá nun gran arco co lema "Visita Pontevedra" que dará paso a un stand en forma de pazo galego, no que se proxectarán vídeos, repartiranse dípticos e "merchandising", todo co obxectivo de facer saber aos visitantes que Pontevedra é, como Capital das Rías Baixas, lugar de visita obrigada en Galicia. Haberá tamén unha degustación de produtos típicos galegos.

Paralelamente, a praza da República acollerá unha zona de lecer que se converterá na base do primeiro encontro de peñas fóra de Pontevedra. Está pensada tamén como un punto de encontro entre as afeccións do Pontevedra e o Alcorcón. Nesta área colocaranse hinchables para nenos e maiores e contará coa animación a cargo dun disc-jockey. Unha zona de futbolíns será o complemento final, dado que estes elementos servirán para celebrar unha competición que culminará cun reparto de premios.
A montaxe funcionará durante as xornadas do sábado, en horario de 12 a 14 horas e de 16 a 21 horas e do domingo, en horario de 12 a 19 horas.

Nino Mirón destacou a idoneidade de aproveitar a oportunidade que supón o Pontevedra Club de Fútbol para "vender" o nome de Pontevedra e destacou que unha política acertada neste senso, como a que se está empezando a facer, pode ter repercusións económicas moi importantes para a Capital das Rías Baixas.

César Sotelo cualificou a iniciativa municipal deste primeiro encontro de peñas fóra de Pontevedra como todo un acerto e Quico Alonso, pola súa banda, engadi que ogallá durante o ano próximo, pero xa en Segunda División, o Concello e as peñas podan seguir promocionando o nome da cidade en todas as cidades e vilas ás que se desprace o equipo granate.

03/06/2010

Visit Pontevedra