Aumenta-lo tamaño do texto Voltar ó tamaño orixinal do texto Reduci-lo tamaño do texto

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

« »
 

Más de 900 personas pasaron xa pola Casa da Luz




O Centro de Información e Recepción do Visitante abre en Semana Santa

Pontevedra, 29 de marzo de 2010

A apertura da Casa da Luz durante a pasada ponte de San Xosé resultou un éxito. Segundo as estatísticas que manexa a Concellaría de Turismo, un total de 937 persoas pasaron polo novo Centro de Información e Recepción do Visitante, situado no andar baixo do edificio da praza da Verdura. A cifra, supón unha media diaria de 312 persoas.

Unha parte dos visitantes corresponde aos pontevedreses que se achegaron para coñecer o inmoble (un total de 420), pero os restantes 517 visitantes foron turistas, fundamentalmente nacionais, que acudiron simplemente para reclamar información turística da cidade e a súa bisbarra.

A procedencia por comunidades foi a seguinte:

COMUNIDAD AUTÓNOMANº DE TURISTAS%
MADRID15029,00%
ASTURIAS10219,70%
CASTILLA LEÓN6712,90%
GALICIA5510,60%
VALENCIA356,70%
CASTILLA LA MANCHA254,80%
PAÍS VASCO152,90%


O cadro amosa con claridade que as comunidades que achegan maior número de visitantes son as máis cercanas a Galicia: Asturias, Madrid e Castela-León. Entre os galegos predominaron os visitantes de Vigo e Vilagarcía.

Un dato moi positivo referiuse ao lugar de aloxamento dos turistas que se achegaron a Pontevedra durante a ponte. Un 80% dixo estalo en Pontevedra, un 15% en Sanxenxo-O Grove, un 3% en Poio e un 2% en Santiago. As cifras confirman claramente o dato xa anticipado do 100% de ocupación hoteleira na capital provincial.

No que atinxe aos comentarios recollidos durante as visitas ao novo Centro da Casa da Luz, destacouse a calidade dos paneis informativos, os vídeos e as fotografías, que ofrecen unha boa perspectiva dos atractivos da cidade e a súa contorna. Destacouse tamén que Pontevedra precisaba dunha dotación turística desta categoría, que eleva moito o nivel da atención que se presta aos turistas con respecto ás casetas de madeira que ata o de agora funcionaban, como único recurso, na praza da Ferrería e na Alameda.

Por outra banda, o concelleiro de Turismo, Julio Castela, dispuxo a apertura Centro de Información e Recepción do Visitante durante todo o período de Semana Santa. Estará aberto de 10 a 14 horas e de 16 a 20 horas para o que a Concellaría, a través de Turismo de Pontevedra, fixo unha contratación temporal de persoal.

30/03/2010

Visit Pontevedra