Marketing Deportivo

Turismo de Pontevedra - www.visitpontevedra.es patrocina clubs e deportistas pontevedreses con proxección exterior.
Os contratos de patrocinio, que obrigan aos asinantes a levar o emblema de Turismo de Pontevedra en todas as súas equipacións deportivas e soportes publicitarios, chegan este ano xusto despois de que se teña presentado a nova imaxe corporativa da empresa municipal de turismo. Dado que as competicións xa comezaron, este ano continuarán coa imaxe dos anos anteriores, pero a tempada próxima, cos contratos xa ao cargo da empresa deberán adaptarse aos criterios estabelecidos no manual de imaxe corporativa que vén de presentarse. Isto implicará a utilización do novo logotipo consistente nunha forma floral de diversos tons, con prevalencia do granate, que combina a estética da camelia coa silueta do meandro do río Lérez que acolle a cidade. O texto será “visit Pontevedra”.
Julio Castela indica que os clubs e deportistas pontevedreses con presencia nacional ou internacional son unha plataforma promocional coa que hai que traballar dun xeito cada vez máis serio e ordenado. Subliña que non se trata de subvencións, senón de contratos publicitarios.
Os 257.000 euros que se reparten este ano inclúen ás seguintes entidades e deportistas:

- Pontevedra Club de Fútbol, S.A.D.: 60.000 euros.
- Sociedad Deportiva Teucro: 60.000 euros.
- Club Baloncesto Arxil: 25.000 euros.
- Mareantes Rugby Clube Pontevedra: 12.000 euros.
- Club Natación Galaico: 15.000 euros.
- Sociedad Gimnástica de Pontevedra: 20.000 euros.
- Club Cisne: 20.000 euros.
- Leis 26 Pontevedra, Fútbol Sala: 25.000 euros.
- Billar Club de Pontevedra: 3.000 euros.
- Club Natación de Pontevedra: 7.000 euros.
- Tenis de Mesa Monte Porreiro: 5.000 euros.
- Celso Míguez Pereira: 5.000 euros.