Aumenta-lo tamaño do texto Voltar ó tamaño orixinal do texto Reduci-lo tamaño do texto

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

« »
 

Celso Míguez promociona Visit Pontevedra




Celso Míguez súmase aos deportistas que farán promoción turística da cidade

A Concellaría de Turismo renovará os contratos de patrocinio con clubs e deportistas pontevedreses con proxección exterior.

O concelleiro Julio Castela Martínez rematou esta semana a tramitación da proposta que dará lugar o acto de sinatura formal cos distintos beneficiarios coa novidade da incorporación do piloto Celso Míguez Pereira. Os contratos serán asinados mañá martes nun acto oficial presidido polo alcalde, Miguel Anxo Fernández Lores.

Os contratos de patrocinio, que obrigan aos asinantes a levar o emblema de Turismo de Pontevedra en todas as súas equipacións deportivas e soportes publicitarios, chegan este ano xusto despois de que se teña presentado a nova imaxe corporativa da empresa municipal de turismo. Dado que as competicións xa comezaron, este ano continuarán coa imaxe dos anos anteriores, pero a tempada próxima, cos contratos xa ao cargo da empresa deberán adaptarse aos criterios estabelecidos no manual de imaxe corporativa que vén de presentarse. Isto implicará a utilización do novo logotipo consistente nunha forma floral de diversos tons, con prevalencia do granate, que combina a estética da camelia coa silueta do meandro do río Lérez que acolle a cidade. O texto será “visit Pontevedra”.
Julio Castela indica que os clubs e deportistas pontevedreses con presencia nacional ou internacional son unha plataforma promocional coa que hai que traballar dun xeito cada vez máis serio e ordenado. Subliña que non se trata de subvencións, senón de contratos publicitarios.
Os 257.000 euros que se reparten este ano inclúen ás seguintes entidades e deportistas:
  • Pontevedra Club de Fútbol, S.A.D.: 60.000 euros.
  • Sociedad Deportiva Teucro: 60.000 euros.
  • Club Baloncesto Arxil: 25.000 euros.
  • Mareantes Rugby Clube Pontevedra: 12.000 euros.
  • Club Natación Galaico: 15.000 euros.
  • Sociedad Gimnástica de Pontevedra: 20.000 euros.
  • Club Cisne: 20.000 euros.
  • Leis 26 Pontevedra, Fútbol Sala: 25.000 euros.
  • Billar Club de Pontevedra: 3.000 euros.
  • Club Natación de Pontevedra: 7.000 euros.
  • Tenis de Mesa Monte Porreiro: 5.000 euros.
  • Celso Míguez Pereira: 5.000 euros.


03/02/2010

Visit Pontevedra