Aumenta-lo tamaño do texto Voltar ó tamaño orixinal do texto Reduci-lo tamaño do texto

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Ernesto Páramo novo xerente de Turismo de Pontevedra

O concelleiro Julio Castela destaca a experiencia profesional do primeiro responsable da empresa municipal de Turismo.

A empresa municipal Turismo de Pontevedra conta xa cun xerente encargado do seu funcionamento.  O directivo pontevedrés Ernesto Páramo, cunha experiencia de máis de 15 anos en empresas do sector, foi o elixido polo comité de selección presidido polo concelleiro de Turismo, Julio Castela. Castela foi precisamente o encargado da presentación do xerente diante dos medios. Ao longo dos próximos días será presentado ao Consello de Administración e aos empresarios do sector.
Nas súas primeiras declaracións, Ernesto Páramo afirmou que chega co obxectivo de situar a Pontevedra como referencia turística e como capital efectiva das Rías Baixas dentro deste sector. Na súa opinión, Pontevedra conta con recursos suficientes para xogar este papel e agora toca traballar profesionalmente para acadalo.
Páramo subliñou que durante os próximos días realizará unha intensa labor de posta ao día coñecendo aos distintos actores pontevedreses, incluíndo aos empresarios e a todas as administracións involucradas na promoción turística.
O novo xerente foi seleccionado entre os 22 candidatos que se presentaron ao concurso aberto polo Concello atendendo ao seu currículo profesional e o desempeño nunha entrevista persoal.
O novo xerente ten 39 anos, é técnico en Empresas e Actividades Turísticas, diplomado en Turismo e conta cun postgrao sobre «A Xestión da Calidade nos Hoteis». É pontevedrés e ten unha longa traxectoria profesional de 15 anos que inclúe o seu paso por cadeas e hoteis de Madrid, Francia e Granada, nos que puxo en marcha todo tipo de procesos relacionados coa mellora continua e a xestión da calidade.
Julio Castela subliñou que a partir de agora hai un intenso traballo por diante, pero adiantou que en poucas semanas irase concretando coa presentación da nova sinaléctica dos hoteis da cidade e dunha nova guía de Pontevedra dentro da serie "Ciudades con encanto" da editorial Aguilar.

03/02/2010

Visit Pontevedra