Aumenta-lo tamaño do texto Voltar ó tamaño orixinal do texto Reduci-lo tamaño do texto

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

« »
 

A senda do Lérez será inaugurada oficialmente a vindeira semana

Rematado o último tramo do paseo entre Monte Porreiro e a Estación de Bombeo.

Dous anos de obras e unha inversión de dous millóns de euros foron necesarias para completar os seis quilómetros da senda do Lérez pola marxe esquerda desde a ponte dos Tirantes ata Ponte Bora onde poderá continuar polo río Almofrei. O treito de seis quilómetros pódese percorrer a pe e será inaugurado oficialmente a vindeira semana.
As melloras que se levaron a cabo permiten poñer en valor o patrimonio natural e cultural da marxe do Lérez e a recuperación desta senda será tamén un atractivo turístico máis da cidade.
O alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, e o concelleiro de Medio Ambiente Urbano, Raimundo González, visitaron as obras. O alcalde dixo que se trata dun espazo natural espléndido para uso dos veciños e que está previsto continuar coa senda polo río Almofrei e tamén ata Campo Lameiro; de feito, o alcalde explicou que se está a construír unha senda dende o Salgueiral ata Ponte Bora polo río Almofrei que suporía uns 15 quilómetros practicables.
O Goberno Local estuda agora a posibilidade de actuar na marxe dereita para poder remontar o río ata Bora desde a Ila das Esculturas. Actualmente neste beira solo hai habilitados uns douscentos metros de camiño e un área de descanso na desembocadura do río Fontáns. O resto é case inaccesible. Este tramo terá que esperar polo menos ano e medio ata que conclúan as obras das novas pontes de Monteporreiro e do AVE que cruzarán o Lérez.
Visit Pontevedra