Aumenta-lo tamaño do texto Voltar ó tamaño orixinal do texto Reduci-lo tamaño do texto

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

« »
 

"Mércate un gol", nova campaña de apoio ao comercio

"Mércate un gol" é o nome da campaña de apoio ao comercio local e ao Pontevedra Club de Fútbol.

Os concelleiros de Actividade Económica, Xosé Antonio García Lores, e Turismo, Julio Castela Martínez, colaboran nesta iniciativa que permite canxear tiques de compra de establecementos pontevedreses cun importe mínimo de 10 euros por entradas para asistir aos dous próximos partidos do equipo granate en Pasarón. Os tiques serán válidos a partir do próximo luns e permitirán acceder ao campo para os enfrontamentos diante do Alavés, o próximo día 3 de xaneiro, e da Cultural Leonesa, o día 10.
O Concello subvenciona o custo de 1.500 entradas para cada un dos partidos e os tiques deben ser presentados nas oficinas do club, na rúa de Benito Corbal, en horario de 9 a 14 horas e de 17 a 20 horas de luns a venres. Só se sobran localidades poderán canxearse directamente en Pasarón.
García Lores subliñou o esforzo que está a facer o Concello no lanzamento de campañas de apoio ao comercio e de dinamización comercial, iniciativas que son especialmente intensas durante o Nadal. Desta xeira, engadiu, trátase de apostar por un mecanismo novo para fidelizar a clientela do comercio local: mesturar compras e ocupación do tempo de lecer durante dúas fins de semana.
Julio Castela anticipou que sería unha grande satisfacción que as 1.500 entradas dispoñibles para cada un dos encontros se esgotaran polo éxito da oferta municipal. Iso significaría, engadiu, que as cousas lle foron ben aos comerciantes na campaña de Reis e tamén que nas gradas de Pasarón hai máis espectadores; as dúas serían moi boas novas, certificou o concelleiro de Turismo.

31/12/2009

Visit Pontevedra