Aumenta-lo tamaño do texto Voltar ó tamaño orixinal do texto Reduci-lo tamaño do texto

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

« »
 

Un Nadal de Xogo.

A Concellaría de Educación organiza a ludoteca do Nadal para 150 rapaces.




A ludoteca municipal é unha iniciativa da concellería de Educación que ten como obxectivo ofrecer aos pais a posibilidade de conciliar a vida familiar e laboral durante as vacacións escolares.
O concelleiro de Educación, Julio Castela, mostrouse satisfeito da resposta acadada dado que se cubriron a totalidade das prazas e considera que a pesar de que se tiñan incrementado nun 50% respecto ao ano pasado. Castela pensa que o éxito da matrícula ten que ver coa calidade das ludotecas organizadas polo concello tanto no verán como no Nadal e conclue que dado o elevado índice de participantes as actividades están a crecer ano a no polo que hai que seguir apostando por esta vía.
“Un nadal en xogo”, repártese en tres grupos de idades: de 3 a 6 anos, de 7 a 9 anos e de 10 a 12 anos. Ese ano contará cun horario flexible entre as 9:30 e as 13:30 horas.
Os rapaces disporán de actividades de xogos, deportivas, grandes xogos, obradoiros e animación. O programa está atendido por unha coordinadora e 12 monitores. O custo da actividade é 42,66 euros, pero o Concello subvenciona preto dun 75% para deixar o custo real que abonan os pais/nais en 15 euros.
Visit Pontevedra