Aumenta-lo tamaño do texto Voltar ó tamaño orixinal do texto Reduci-lo tamaño do texto

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

« »
 

XIV Media Maratón Cidade de Pontevedra

As rúas da cidade acollerán a Media Maratón o vindeiro 29 de novembro

A Federación Galega de Atletismo inclúe de novo no seu calendario a Media Maratón Cidade de Pontevedra que se celebra desde 2007 coa novidade este ano dun novo percorrido polas rúas da cidade.

Como en edicións anteriores espérase que a manifestación deportiva conte cun gran número de participantes así como do apoio do público. Na última edición houbo 1.000 participantes e espérase alcanzar este ano unha cifra similar. O prazo de inscrición abriuse o pasado 15 de outubro e finaliza o 23 de novembro. A inscrición realízase a través da páxina web: www.championchipnorte.com . O importe varia entre dez ou doce euros segundo sexa inscrición xeral ou reducida. Poderán participar todas as persoas que o desexen federadas ou non sempre que sexan maiores de idade e cumpran as condicións establecidas.
A entrega de premios realizarase a partir das 13:00 horas na meta do circuíto. Os tres primeiros clasificados absolutos masculinos e femininos e o primeiro clasificado e clasificada de cada categoría recibirán un trofeo. Ademais, na categoría absoluta, tanto masculina como feminina, haberá premios en metálico: - 600 euros para o primeiro clasificado. - 400 euros para o segundo clasificado. - 300 euros para o terceiro clasificado. - 200 euros para o cuarto clasificado. - 100 euros para o quinto clasificado. - 80 euros para o sexto clasificado. - 70 euros para o sétimo clasificado. - 60 euros para o oitavo clasificado.
Visit Pontevedra