Aumenta-lo tamaño do texto Voltar ó tamaño orixinal do texto Reduci-lo tamaño do texto

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

« »
 

A Feira de Outono volve a Pontevedra.

A praza da verdura acolle este fin de semana a IX edición da Feira de Outono.

Talleres, música, unha demostración de como se destila o augardente e os xogos tradicionais enchen a programación desta festividade que dá a benvida ao outono.

Ano a ano grazas á acollida cidadá e á implicación do Centro Comercial Aberto-Zona Monumental vaise consolidando esta festa que enxalza o outono e os seus produtos. Os cidadáns poderán comprar produtos típicos de outono (castañas, chourizos, queixos, froitos secos, plan verdura, mel… ), participar nos talleres de cestería, de cogomelos, de manualidades e presenciar demostracións de oficios tradicionais.
Os hostaleiros da zona implícanse nesta iniciativa presentando produtos típicos nos seus menús. Os locais participantes son: Restaurante Rúas, Bar O Muelle, Restaurante Boa Vila, Bagos, Casa Filgueira e o Turancho de Bora.
Ademais esta celebración coincide coa o VI encontro Internacional de Panadeiros de Mao de Pontevedra (DUF) con actividades que complementan e dinamizan o centro histórico.
O programa iníciase ás 11:00 horas do sábado coa apertura do mercado tradicional de produtos de outono. O horario será de 1:00 h. a 14:30 h. e de 17:30h. a 21:30 h. e o domingo só en horario de mañá de 11:00 h. a 14:30 h.
A agrupación de música tradicional “Os Alegres” e as pandereteiras “Aturuxo Pequeno” porán música á festa.
As 20:30 horas haberá un magosto gratuíto para todos os que se acheguen á praza da verdura.

13/11/2009

Visit Pontevedra