Aumenta-lo tamaño do texto Voltar ó tamaño orixinal do texto Reduci-lo tamaño do texto

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

« »
 

Os concelleiros Castela e Valcárcel preparan o comezo das obras da Ponte Nova de Ponte Sampaio.

A actuación está incluída dentro do informe presentado pola Concellaría de Turismo para mellorar o tramo do Camiño Portugués que discorre por Pontevedra.

Os concelleiros de Turismo, Julio Castela e de Rural, Xosé Manuel Valcárcel, acompañados de dirixentes veciñais, visitaron o pasado sábado a parroquia de Ponte Sampaio para visitar as obras de reconstrución da Ponte Nova derrubada polas riadas de 2006 e que será rehabilitada pola Sociedade de Xestión do Xacobeo.
A actuación está incluída dentro do informe presentado pola Concellaría de Turismo e a Asociación de Amigos do Camiño Portugués para mellorar o tramo de 15 quilómetros do camiño que discorre polo termo municipal pontevedrés.
A nova ponte ten un orzamento de 276.571 euros e inclúe a restauración dos restos da fábrica de pedra orixinal existentes en ambas beiras e que foron rescatados do leito do río.
O novo paso será un tramo recto de 1,5 metros de anchura e contará con pasamáns de madeira tratada. As obras acondicionarán tamén o camiño de acceso a ambos lados para mellorar a accesibilidade nesta zona agreste.
Julio Castela destaca que aínda non ten contestación oficial sobre as peticións de actuación no resto do Camiño, pero agarda ter novas moi pronto. O informe presentado diante da Xunta incide sobre a necesidade de mellorar a sinaléctica de todo o tramo. O concelleiro lembra que o último Ano Santo supuxo un movemento económico de 5.000 millóns de euros en Galicia e que agarda que durante todo 2010 pasen por Pontevedra entre 30.000 e 36.000 peregrinos o que, sen dúbida algunha, será un importante estímulo para a cidade.
O informe de necesidades comeza por reclamar un sinal indicativo de benvida ao Concello de Pontevedra na súa entrada Sur dende Vilaboa, o arranxo e limpeza da baixada ao río Ulló, a limpeza na subida a Canicouba ademais da restauración da ponte que xa está en marcha. O informe suxire tamén a sinalización do albergue de peregrinos cunha antelación dun quilómetro e a partir de aí comezaría a colocación das cunchas de bronce no pavimento que se prolongaría ata A Santiña. Na Zona Monumental estes elementos compatibilizaríanse coas luces azuis que xa sinalan o Camiño.
Finalmente, reclámase a mellora do Camiño da Gándara, que debería ser acondicionado en xabre e bordos pétreos e a limpeza de todo o tramo ata o municipio de Barro

10/11/2009

Visit Pontevedra