Aumenta-lo tamaño do texto Voltar ó tamaño orixinal do texto Reduci-lo tamaño do texto

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

« »
 

O Concello de Pontevedra presenta "Mergullados no Lérez"

A exposición "Mergullados no Lérez" acerca aos pontevedreses aos paraísos ocultos baixo as augas do río

A Concellaría de Medio Ambiente Natural inaugura hoxe no Centro Social Caixanova a mostra "Mergullados no Lérez" que reflexa a través de corenta fotografías e un vídeo de 25 minutos a fauna subacuática dos ríos de Pontevedra.

O responsable das impactantes imaxes é Jorge J.Candán que traballou na praia fluvial y tamén no Pontillón de Castro e o río Almofrei. O resultado deste traballo quedou materializado nunha exposición fotográfica e un documental que poderá verse no Centro Socio Cultural de Caixanova dende o día 5 ata o próximo 28 de novembro.
O apareamento das lampreas, a vida das larvas de libeliña, troitas, salmóns, rás, tritóns, cobras de auga, mexillón, caranguexos, sollas, ou anguías, amosan a través das imaxes co río Lérez se recupera e que é moi rico en fauna e flora.
Visit Pontevedra