Aumenta-lo tamaño do texto Voltar ó tamaño orixinal do texto Reduci-lo tamaño do texto

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

« »
 

Museo de Pontevedra




O Museo de Pontevedra é o centro de arte máis visitada de Galicia tras contabilizar máis de 158.000 visitas no que vai de ano, o mellor rexistro dos seus 81 anos de historia.

De seguir esta tendencia, este museo encabezará o ranking de centros máis visitados a final de ano, unha posibilidade factible dado que a maior "competencia" atoparíaa no Museo Catedralicio de Santiago que polo momento ocupa o segundo posto con 89.519 visitas.
A diferenza é moito máis ampla co resto de centros de arte de Galicia xa que o Museo de Arte Contemporánea de Vigo (Marco), o Centro de Arte Contemporánea de Santiago e o Museo do Pobo Galego de Santiago teñen menos da metade de visitas e non chegan ás 100.000.
As expectativas son "máximas" de cara ao próximo ano Xacobeo, no que, ademais, entrará plenamente en funcionamento o sexto edificio do Museo. As comparacións son favorables ao Museo de Pontevedra noutros ámbitos, xa que, segundo os datos do Observatorio Turístico Rías Baixas, os catro lugares máis visitados de Galicia son a Catedral de Santiago, o Museo de Pontevedra, o monte de Santa Tecla e as illas Cíes.

05/11/2009

Visit Pontevedra