Aumenta-lo tamaño do texto Voltar ó tamaño orixinal do texto Reduci-lo tamaño do texto

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

« »
 

Comeza a Outubrofesta con gran éxito.

A "Outubrofesta" prevé servir este fin de semana uns 7.000 litros de cervexa, ademais do saboroso codillo e pratos bávaros.

A festa organizada polo Pontevedra Rugby Club empezou con bo pé e centos de Pontevedreses acudiron á cita na Praza do Teucro para degustar cervexas e prazos bávaros que se serven na celebración ao estilo da famosa festa da cervexa de Múnic.

As previsións iniciais son que máis de cinco mil persoas visiten esta festa cuxos beneficios destinar a sufragar os gastos de desprazamento e asistencia a competicións dos novos xogadores do Pontevedra Rugby Club.
Na festa sérvense tres tipos de cervexa: unha loura suave, unha de trigo e unha máis de inverno, tostada e con máis gradación, sinalan os organizadores, con prezos que oscilarán entre os tres euros da xerra de medio litro e cinco a dun litro. Para acompañar a cervexa haberá diversos acompañamentos como salchichas especiais con chucrut e codillo de Sajonia a prezos igualmente populares.

30/10/2009

Visit Pontevedra