Aumenta-lo tamaño do texto Voltar ó tamaño orixinal do texto Reduci-lo tamaño do texto

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

« »
 

Pontevedra celebra a Outubro Fest




A praza do Teucro da cidade converterase nunha pequena Múnic xa que vai acoller entre o 29 de outubro e o 1 de novembro a primeira edición do "OutubroFest".

A iniciativa, que ten por obxectivo financiar ao novo “Pontevedra Rugby Club”, conta co apoio do concello e do Centro Comercial Urbano Zona Monumental.
O horario vai ser de 11.30 a 0.30 horas e as persoas interesadas poderán degustar distintos tipos de cervexa e tres pratos variados cunha atractiva antoloxía de produtos cárnicos centroeuropeos.
A alcaldesa en funcións, Teresa Casal, presentou a festa acompañada do impulsor e directivo do Pontevedra Rugby Club, Félix Álvarez e destacou que eventos como este contribúen a que Pontevedra se consolide como cidade turística e cunhas prazas cheas de vida e animación.
A tenente de alcalde observou que a "OutubroFest" será unha magnífica oportunidade de lecer e agradeceu a inquietude das empresas locais que colaboran no evento.
Félix Álvarez, responsable da idea, destacou que esta convocatoria xa a "está xerando unha gran expectación en distintos blogs e redes sociais de Internet e que xa recibiu algunhas chamadas de interesados en reservar mesas grandes, unha delas para 30 persoas".

28/10/2009

Visit Pontevedra