Durmir en Pontevedra: hoteis, pensións e turismo rural
A situación de Pontevedra, situada no corazón das Rías Baixas, e a media hora de Santiago de Compostela, converte a esta cidade nun lugar privilexiado para pasar a noite durante unha estancia en Galicia. Cómoda, amable e peonil a cidade, seduce tanto para a residencia puntual do que descobre a cidade, como para aqueles que a elixen como punto de partida para visitar Sanxenxo, A Toxa, Baiona ou Santiago sen sufrir os abafos dos destinos máis concorridos. A súa oferta hostaleira, que inclúe paradores, hoteis de diversas categorías e pequenos establecementos, permite a estancia para todos os orzamentos cunha das mellores relaciones calidade prezo de Galicia.
Hoteis de Pontevedra