No edificio García Flórez poderemos ver as diferentes estancias que o Museo dedica á náutica e que nos recordan que Pontevedra é unha cidade aberta ao mar e que no mar está gravada a súa historia.
Xunto ao Lérez crece unha nova Pontevedra para pasear que se inicia na Moureira dos Mareantes e condúcenos por un percorrido peonil que nos regala preciosas imaxes.
Abandonamos por unhas horas Pontevedra para coñecer un dos monumentos máis emblemáticos da costa pontevedresa situado ademais nun precioso alto que domina a ría.