Aumenta-lo tamaño do texto Voltar ó tamaño orixinal do texto Reduci-lo tamaño do texto

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

« »
 

PONTE DE TAPAS 2012 - IV EDICION




PontedeTapas: as tapas, as mellores propostas gastronómicas de Pontevedra



Co doble obxectivo de promocionar a cidade e de apoiar ao sector da hostalería-restauración, Pontevedra acolle de novo Pontetapas, unha iniciciativa que estamos a promover coa Asociación de Hosteileros de Pontevedra (Hoaspo). Nesta cuarta edición participan 53 hostaleiros locais que tentarán gañar o teu padal con propostas do máis diverso.

Nesta edición de Pontedetapas, o prezo por tapa é de 1,50 euros. Non é nada caro, asi que invitasmoste a participar.
Xa sabes: se participas nesta promoción deberás de encher o o cupón de votación e o depositalo nas urnas habilitadas nos locais. Isto vaiche dar dereito a 15 premios moi atractivos: os tres principais son senllos viaxes para dúas persoas de 8 días de duración a Punta Cana, Madeira e Tenerife, respectivamente. Tamén hai cinco fins de semana en casas de turismo rurais, catro "Menús da ría" e tres cheques-regalo no comercio local.

Nesta edición de Pontedetapas chega cunha forte presenza na Internet e nas redes sociais. Podes visitar a páxina web en www.pontedetapas.es, onde se atopan as bases do concurso e fai un seguemento diario desta iniciativa.
Pero tamén podes descargar as bases desde aquí:

BASES DO IV CONCURSO DE PONTEDETAPAS

Tamén se reactivan os perfís de Facebook www.facebook.com/pontedetapas e Twitter twitter.com/#!/PontedeTapas, aproveitando o potencial dos fans e followers que xa teñen rexistrados. Ademais, a cartelería inclúe o código QR para a localización dos locais adheridos.

A Concellería de Turismo pon a disposición dos locais a catelería e 30.000 posavasos , asi como un cartel con fotografía da súa tapa, o cupón de votación, e unha urna rotulada. Pola súa parte cara o publico, disponse dun folleto da ruta de tapeo.

Establecementos participantes

Visit Pontevedra